Xoves 28 Marzo 2024

Novo retroceso das universidades galegas no ránking de Leiden

A fenda da crise económica afectou ás universidades galegas e aparece reflectida nas clasificacións internacionais de produción científica. Bo exemplo é o recén publicado Ránking de Leiden 2017, no que retroceden tanto a Universidade de Santiago como a Universidade de Vigo. Mentres que a Universidade da Coruña aparece na lista, pero nun posto tan baixo que queda moi afastada das outras dúas institucións de Galicia.

Santiago pasa do posto 360 ao 392 no ránking Leiden. Vigo perde 48 postos, pasando do 539 ao 587. E A Coruña entra no 878. A caída mantense firme dende 2015, ránking onde a Universidade de Santiago estaba 58 postos mellor que hoxe. Pero a de Vigo estaba 275 postos por riba, situada como a 312 do mundo, nivel que contrasta co 587 da actualidade.

Publicidade

Hai que ter en conta que o ránking Leiden non é unha foto. É unha película que comeza cinco anos antes da publicacións dos resultados. O de 2017 recolle a produción científica dende 2012, ano no que se notaban aínda con máis forza os recortes produto da crise económica. Por poñer un exemplo, no ano 2013 foron investidos en I+D en España 13.012 millóns de euros, fronte aos 14.701 no 2008. En cinco anos, o orzamento en investigación non só non medrou, senón que caíu máis dun 13%.

Non hai caída no ránking en España polo descenso xeral do orzamento en investigación

Ademais, a produción científica das universidades non se ve afectada só polos seus orzamentos. Tamén polos recortes noutros organismos científicos como o CSIC, que envía a investigadores propios a defender as súas teses doutorais nas universidades.

No conxunto do Estado, os datos son algo mellores. A USC mantense entre as universidades públicas españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licencias, publicacións interdisciplinares e internacionais, así como en captación e liquidación de fondos, segundo se deprende do último ránking sobre as universidades españolas que publica a Fundación CYD e no que se recollen datos do conxunto de España.

As universidades galegas baixan no ránking Leiden mentres se manteñen comparadas co resto de España. No panorama xeral de recortes no conxunto do Estado, as cousas sempre lucen mellor para dar datos optimistas. Pero tampouco son bos, porque Santiago (do posto 12 ao 13) e Vigo (do 16 ao 17) tamén baixan en Leiden na clasificación entre todas as universidades de españolas. E A Coruña mantense como a derradeira clasificada en 2017.

Como Leiden analiza aspectos moi diversos, sempre hai datos nos que a UVigo, a UDC e a USC destacan, sobre todo no conxunto de España. Pero o resultado final global é o que é: unha caída continuada nas últimas edicións do ránking Leiden. 275 postos perdidos pola UVigo e 58 por Santiago. Mentres A Coruña, no posto 878, queda lonxe das dúas primeiras.

A realidade é que todas as clasificacións mundiais -incluidas outras tan prestixiosas como a Times e a de Shangai- son discutidas. Sobre todo cando non dan resultados favorables. No momento actual, prefírese presumir dos datos no conxunto de España que achega a fundación CYD, para esquecer a caída xeral en todo o mundo que amosa sen dúbida algunha o ránking Leiden.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.