Xoves 28 Marzo 2024

As mulleres copan os premios extraordinarios da universidade

As mulleres copan os premios académicos e os mellores expedientes na universidade. Acontece en Vigo, A Coruña e Santiago. Teñen as mellores notas na meirande parte das carreiras. En 2014, elas levaron o 70 por cento dos premios fin de carreira que concede a Xunta de Galicia. . E o resultado repítese ano tras ano. Desta volta, o exemplo está na Universidade de Vigo, que ven de publicar a lista dos seus mellores alumnos, que volve ser dominada absolutamente por mulleres.
María, Casimiro, Auria, Diego, Luz, Jorge, Sara … e así ata 74. Son as alumnas e alumnos da Universidade de Vigo que o vindeiro xoves, día 29, recibirán os premios extraordinarios polas cualificacións obtidas nos graos, licenciaturas e programas de doutoramento cursados no período 2013-2014. Un curso máis teñen nome de muller, habida conta de que 53 do total de 74 premios, un 71,6%, serán outorgados a mulleres, correspondéndolle os 21 restantes a alumnos. Por campus, no de Ourense os galardóns de grao, un total de 13, foron acadados por oito mulleres e cinco en homes, mentres que no caso das licenciaturas e diplomaturas, aínda non extinguidas, dous premios corresponden a alumnas e outro a un alumno. En Pontevedra, sete dos oito premios extraordinarios de grao son para mulleres e un para un home, mentres que no caso das licenciaturas e diplomaturas non se outorga premio algún. No campus de Vigo mantense a tendencia con 19 alumnas premiadas polos seus estudos de grao, fonte a oito homes, mentres que no caso das licenciaturas a extinguir os seis premios repártense a partes iguais entre alumnos e alumnas.
No caso dos 17 premios extraordinarios de doutoramento 2013-2014, un total de 14 foron parar a mulleres e tres a homes. Por ámbitos de coñecemento os galardóns quedaron distribuídos do seguinte xeito: dous no de Arte e Humanidades, sete no de Ciencias, seis no de Enxeñaría e Arquitectura e dous no Xurídico-Social. As e os galardoados recibirán no acto académico da festividade de San Tomé de Aquino a insignia da Universidade.
A listaxe completa dos galardoados na Universidade de Vigo pode consultarse nos seguintes enlaces:
Premios extraordinarios de Grao da UVigo
Premios extraordinarios Fin de Carreira
Premios extraordinarios de Doutoramento

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego deseña un sistema para detectar o ARN do coronavirus

Tamén presentou avances en novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) capaces de acelerar o desenvolvemento de fármacos

Un equipo de Ferrol acha un novo modo de fabricar envases con residuos orgánicos

Investigadores da UDC traballan nun proxecto europeo para obter produtos para o sector do envasado e a embalaxe no eido da alimentación

A galega Verónica Bolón, nova académica da Real Academia de Ciencias de España

A doutora lidera varios proxectos sobre aprendizaxe dentro do campo da Intelixencia Artificial (IA) no Centro de Investigacións TIC da UDC

A elección dunha muller para o Nobel de Química altera a tendencia a premiar investigacións masculinas

O 50% das científicas galardoadas dende 1901 recibiron o recoñecemento nos últimos 20 anos