Martes 16 Abril 2024

Máis de 80 investigadores mobilízanse por “unha nova política para o rural galego”

Despois da última vaga de incendios que afectou a Galicia, un grupo de máis de 80 profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela decidiu dar un paso á fronte e asinar un manifesto que leva por título “Por unha nova política para o rural galego“. O texto, que achega propostas e opinións desde diversas áreas de coñecemento, foi presentado este mércores por un grupo de docentes no edificio de Vicerreitorías do Campus Terra de Lugo.

Dolores Vázquez, profesora de Ecoloxía, e Emilio Díaz, do departamento de Enxeñaría Agroforestal, foron os encargados de dar voz ao texto. O manifesto recolle a disposición destes máis de 80 investigadores para contribuír desde as súas respectivas áreas de traballo a “solucionar a desfeita” provocada polos incendios e a traballar para que esta situación non se volva a producir.

Publicidade

Os asinantes do texto non concordan coas diagnoses “maioritariamente difundidas” sobre os incendios

Ademais, o texto reflicte a vontade dos asinantes de manifestar que non concordan coas diagnoses “maioritariamente difundidas” do acontecido e sitúan a discusión pública dos lumes na existencia ou non de incendiarios ou na pouca eficiencia nos procesos de extinción.

“Cremos que os incendios non son a causa, senón unha das consecuencias dun problema de aínda maior calado: o abandono das áreas rurais”, salientan os asinantes deste manifesto, para os que a solución pasa por realizar análises máis profundas e que deben integrar obrigatoriamente unha perspectiva territorial e non sectorial.

Así, o texto inclúe a esixencia dun cambio de rumbo nas políticas territoriais, en especial na forestal e agrogandeira, xa que, segundo apuntan, ambas téñense demostrado ineficaces á hora de avanzar cara un rural vivo. As áreas rurais necesitan recursos económicos, pero tamén actuacións que poden ser difíciles de aceptar para unha parte importante da poboación. A ordenación do territorio, a planificación de usos do solo, o establecemento de normas ambientais efectivas van precisar de consenso político e social. Os e as que asinantes deste texto reivindican que se traballe na consecución de consenso, implicando para iso no debate ao conxunto da sociedade.

1 comentario

  1. Facía falla dignificar a USC, despois de ver cátedras q lle fan o traballo para empresas depredadoras da terra, como as da minería, a ceo aberto e chámanse así mesmos edafólogos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península