Os profesores Barros Dios (esquerda) e Ruano diante do mapa de radón galego por concellos. Foto: USC.

Os profesores Barros Dios (esquerda) e Ruano diante do mapa de radón galego por concellos. Foto: USC.

Tres premios recoñecen o traballo do Laboratorio de Radon de Galicia

Este grupo da USC acumula máis de 25 anos de experiencia no estudo da relación entre radon e cancro de pulmón

A Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica (Separ), o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra e a Sociedade Castellano-Leonesa e Cántabra de Patoloxía Respiratoria (Socalpar) acaban de outorgarlle cadanseu recoñecemento ao Laboratorio de Radon de Galicia. Este equipo de investigación, dirixido polo profesor da USC Juan Miguel Barros Dios, leva máis dun cuarto de século investigando a relación deste gas nobre co cancro de pulmón.

Dous dos galardóns recaeron a título individual en dúas científicas do laboratorio. María Torres, neumóloga do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, foi premiada pola Separ, na área de Enfermidades respiratorias de orixe ambiental. Pola súa parte, a residente de Oncoloxía e doutoranda do grupo Ángeles Rodríguez recibiu o 3º premio do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.

Estes dous traballos enmárcanse nu proxecto de investigación dirixido polo profesor Alberto Ruano Raviña, que o Laboratorio de Radon de Galicia desenvolve xunto a 11 hospitais de varias rexións España e Portugal, baseado no estudo dos factores de risco do cancro de pulmón de célula pequena, un dos tumores pulmonares máis agresivos.

Por outra banda, o grupo de investigación da USC tamén foi premiado pola Socalpar grazas a un proxecto de investigación sobre o cancro de pulmón e o radon en Castela e León, que dirixe Magdalena Serradilla, neumóloga do Hospital de Ávila.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.