Carlos Salgado, actual director do IGFAE. Foto: USC.

Carlos Salgado, actual director do IGFAE. Foto: USC.

O Instituto de Altas Enerxías, primeiro centro galego de excelencia estatal

O organismo, dependente da Xunta e a USC, recibirá dous millóns de euros e poderá asinar oito novos contratos predoutorais

A Axencia Estatal de Investigación deu a coñecer a pasada semana os novos centros distinguidos coas acreditacións de excelencia científica. Entre eles figura, por primeira vez, un centro galego: o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Foi recoñecido como Unidade de Excelencia María de Maeztu, o que lle aportará un financiamento de dous millóns de euros nos próximos catro anos e a posibilidade de ofrecer oito contratos predoutorais.

O IGFAE, dependente da USC e da Xunta, creouse no ano 1999, e céntrase na investigación destinada a mellorar a comprensión da estrutura da materia e o Universo, así como as súas aplicacións tecnolóxicas en diversos eidos, que van desde a microelectrónica ou a enerxía solar ata a física de partículas. De feito, é un dos centros de investigación que colabora co proxecto do acelerador de partículas do CERN. Está dirixido actualmente por Carlos Salgado.

Grazas a este recoñecemento, o IGFAE poderá aumentar os seus esforzos para a atracción e retención do talento investigador, especialmente nos perfís máis axeitados para os proxectos do European Research Council. iso defínense accións que inciden nas fases iniciais da carreira científica, onde os investigadores poden optar a Starting ou Consolidator Grants (ata a data, dous investigadores do Instituto acadaron unha Starting Grant). A formación de novos científicos, tanto na fase de doutoramento como o comezo do posdoutoramento, é outra das bases na estratexia de talento, segundo informan desde a USC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.