Aula de Física da USC. Foto: USC.

Aula de Física da USC. Foto: USC.

Galicia, quinta rexión de España con maior produción científica

O informe de CRUE analiza o sistema universitario español e sitúa a Galicia só por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e Valencia

A asociación CRUE Universidades Españolas publicou recentemente o seu informe A universidade española en cifras 2015/2016, no que recolle máis de 900.000 datos procedentes das institucións educativas de toda España. Entre moitas outras afirmacións, o documento sinala que Galicia é a quinta rexión do Estado con maior produción científica, só por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e Valencia, e por diante do País Vasco, cun total de 3.408 documentos publicados durante 2015.

En canto ás universidades, a USC é a única galega entre as 10 primeiras. Está xusto na 10ª posición, con 15.436 documentos publicados entre 2006 e 2015. A UVigo está no posto 20º, con 8.585, e a UDC no 34º, con 4.988.

USC, a quinta con máis patentes

O informe de CRUE destaca tamén a “notable mellora nos comportamentos innovadores” das universidades, que triplicaron as patentes nacionais realizadas desde hai dez anos. Así, a USC está na quinta posición con 204 patentes entre 2010 e 2015. A UVigo tamén obtén un posto destacado: o 10º, con 134.

Podes consultar o informe completo aquí:

A Universidade Española en cifras 2015/2016.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.