Vista de San Xerome, sede da reitoría da USC.

Vista de San Xerome, sede da reitoría da USC.

Forte ascenso da Universidade de Santiago no ránking mundial

A USC sobe ao nivel das 400 mellores do mundo e colócase entre as 100 mellores en Matemáticas

A Universidade de Santiago de Compostela repite presenza no ránking das mellores cincocentas universidades do mundo, concretamente rexistra a súa mellor posición situándose no intervalo 301-400. O Academic Ranking of World Universities (ARWU), clasificación que dende 2003 realiza a Universidade Jiao Tong de Shanghai e que comunmente é coñecida como ránking de Shangai, acaba de facer pública esta listaxe na que figuran un total de doce universidades españolas. A USC comparte nivel (301-400) coa Autónoma de Barcelona, Complutense, Pompeu Fabra e coas politécnicas de Cataluña e Valencia. Por diante destas sitúanse a Universidade de Barcelona (151-200) e Autónoma de Madrid e Granada (201-300). A participación española complétana País Vasco, Valencia e Rovira i Virgili. As outras dúas universidades galegas, Vigo e A Coruña, non aparecen no ránking por estar por baixo das 500 mundiais.

As universidades de Vigo e A Coruña non aparecen no ránking ao estar por baixo do posto 500

Para a selección de universidades, ARWU considera todas aquelas universidades que contan entre o seu persoal con galardoados polos premio Nobel, Medallas Fields, investigadores altamente citados ou artigos publicados en Nature ou Science. Tamén se inclúen aquelas universidades cun número destacado de artigos científicos indexados polo Science Citation Index-Expanded (SCIE) ou no Social Science Citation Index (SSCI). En total cualificáronse máis de 1.200 universidades.

Ademais dos resultados colectados no seu conxunto e segundo os datos da clasificación realizada en 2015, das 200 universidades máis destacadas na área de Ciencias Naturais e Matemáticas, Santiago é das catro españolas mellor posicionadas, a continuación da Autónoma de Madrid e Valencia e no mesmo rango que Barcelona. Para realizar esta clasificación, os indicadores cun maior peso na nota final (75% da cualificación) son os investigadores altamente citados nunha serie de ámbitos temáticos, os artigos indexados en Science Citation Index ou a porcentaxe dos artigos publicados nas revistas de maior impacto.

En Matemáticas, a USC convértese na segunda en España e entre as 100 de todo o mundo

No campo específico das Matemáticas a de Santiago sitúase entre as cen universidades máis destacadas do mundo segundo ARWU. Das españolas, consegue unha mellor posición a Autónoma de Madrid (51-75), seguida da USC e Politécnica de Valencia que se sitúan no intervalo 76-100.

Para a clasificación das universidades toma en consideración catro criterios: produción científica (20% da cualificación), calidade docente (20%), calidade da educación (10%) e rendemento institucional per capita (10%). A partir destes criterios os indicadores mellor valorados son o número de profesores dunha institución premiados polo Nobel ou as Medallas Fields e os investigadores con alto índice de citación (40% da nota final); artigos publicados en Sciencee Nature e os artigos indexados en Sciencia Citation Index – Expanded e Social Science Citation Index (40%); antigos alumnos da institución premiados nas convocatorias do Nobel ou Fields (10%) e o rendemento académico per cápita dunha institución (10%).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.