Xoves 25 Abril 2024

A Facultade de Económicas da USC celebra o seu 50º aniversario

Hai agora medio século, no curso 1967-68, botaban a andar os estudos de economía en Galicia coa apertura da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Co gallo do aniversario, a USC preparou un extenso calendario de actividades que comezará este martes 3 de outubro cun acto solemne que inaugurará estas celebracións.

O acto, que terá lugar no Salón Nobre do Pazo de Fonseca ás 12 horas, acudirán o reitor da USC, Juan Viaño Rey; o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; os ex presidentes da Xunta de Galicia e ex alumnos da facultade, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño; e a decana de Ciencias Económicas e Empresariais, Emilia Vázquez Rozas. Tamén intervirán o catedrático ad honorem da USC José Carlos de Miguel, o profesor máis antigo do centro na actualidade, e a profesora María Carmen Guisán, tamén catedrática ad honorem, que falará dos 50 anos de economía en Galicia.

Publicidade

Entre as celebracións do 50º aniversario destacan o congreso ‘50 anos da Economía Galega’; o Encontro entre profesores de economía e empresa de ensino medio e superior; unha nova edición dos Premios Crearte na Universidade; a reunión da Confederación Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa; a fase final da X Olimpíada Española de Economía; o programa Emprega-T; a 12th Regional Innovation Policies Conference; o Foro de Emprego Compostalent – AIESEC; o Coloquio Ibérico de Economía Social, ou o V Encontro Internacional de Mozos Emprendedores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844