Escola de Enxeñería de Camiños da Universidade da Coruña.

Escola de Enxeñería de Camiños da Universidade da Coruña.

A Coruña crea o Dobre Máster en Enxeñería de Camiños e Dirección de Empresas

O novo título poderá cursarse en dous anos e permitiría obter os dous máster simultáneamente

Nace na Coruña un dobre máster que aúna os avanzados coñecementos técnicos coa xestión do mundo da empresa. A Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos e a Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña chegaron a un acordo, ratificado en Consello de Goberno o 20 de xullo de 2017, para que a partir do curso 2017/2018 (inclusive) os estudantes poidan matricularse no Dobre Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos e Dirección e Administración de Empresas. É o primeiro programa do Sistema Universitario Galego que supón a simultaneidade de dous másteres universitarios oficiais.

Os alumnos que decidan cursar esta opción poderán obter, nun prazo total de dous cursos académicos, os títulos de Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, C. e P. (MECCP), que habilita para a profesión regulada de enxeñeiro de camiños, canais e portos, e de Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA), orientado principalmente a unha formación eminentemente práctica no campo da xestión empresarial. O dobre máster inclúe a realización de prácticas nunha empresa.

É o primeiro título en Galicia que permite facer dous máster ao mesmo tempo

Para facer posible este programa os equipos de xestión de ambos centros, dirixidos respectivamente polos profesores Ignasi Colominas e Anxo Calvo, organizarán as clases de modo que os alumnos poidan asistir polas mañás ás clases do MICCP e polas tardes ao equivalente de dúas ou tres asignaturas do MBA. Este último, cando se cursa individualmente, ten unha duración dun ano, polo que ao repartirse en dous alivia a carga lectiva por cuatrimestre dos estudantes do Dobre Máster. A simultaneidade vese facilitada tamén pola curta distancia entre ambos centros, situados no mesmo campus a apenas 500 m un do outro.

Este programa conta cunha vantaxe importante fronte aos programas de dobre grado que simultanean estudos de enxeñería e empresa, posto que non supón unha extensión na duración dos estudos. Fronte ao estudante que opte por un dobre grado (polo menos 5 anos) e o máster habilitante para enxeñerías superiores (2 anos), os que cursen o Dobre Máster MICCP/MBA da UDC poderán obter ambas titulacións (máis o grado que lles dá acceso) no esquema habitual de 4 máis 2 anos.

Información MICCP: http://caminos.udc.es/futuros/

Información MBA: http://mbaudc.es/

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.