Proceso atopado na USC da reacción do resto de aminoácido coa enzima.

Proceso atopado na USC da reacción do resto de aminoácido coa enzima.

Atopan en Santiago a base dun novo antibiótico contra o cancro de estómago

O descubrimento publicado polo CIQUS abre tamén novas vías para loitar contra a tuberculose

Unha investigación desenvolvida polo grupo do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares (CIQUS) coordinado pola profesora da USC Concepción González-Bello, e no que tamén participou o profesor da Universidade de Alcalá Federico Gago, permitiu coñecer un residuo de aminoácido, ata o momento descoñecido, que desencadea unha reacción catalizada por unha enzima que é vital para as bacterias causantes da tuberculose (Mycobacterium tuberculosis) e do cancro de estómago (Helicobacter pylori).

Os resultados desta investigación, que vén de ser publicada na prestixiosa revista científica Biochemical Journal son froito de numerosos estudos bioquímicos e computacionais feitos polos investigadores que participaron neste traballo, que permitiu desvelar todos os detalles sobre proceso a través do que este residuo ata o momento descoñecido desencadea a reacción catalizada pola enzima deshidroquinasa tipo II, unha enzima que non está presente nos humanos, segundo salientan os investigadores.

Matar de fame á bacteria

O coñecemento desta información é moi valioso e pode resultar de grande utilidade para o posterior desenvolvemento racional de novos antibióticos que permitan a doentes superar enfermidades infecciosas como a tuberculose ou o cancro de estómago, dúas patoloxías que xa supoñen un elevado custe humano e económico na sociedade actual, precisan os investigadores.

O achado científico descuberto polo equipo de investigación do CIQUS da USC dirixido pola profesora Concepción González-Bello é o resultado dunha estratexia de traballo mantida durante anos por este grupo de investigadores, que incluso chegaron a desenvolver e patentar potentes compostos capaces de matar de fame á bacteria responsable da tuberculose e do cancro de estómago, ao bloquear os seus procesos vitais.

Unha resposta a “Atopan en Santiago a base dun novo antibiótico contra o cancro de estómago”

  1. Dolores Creo

    Hola, felicidades por su trabajo. Tengo un hermano incapacitado y lo acaban de diagnosticar con cancer de boca, mi madre es la guardiana legal de el, me gustaria saber si podrian aplicarle el antibiotico, estariamos de acuerdo en beneficios y desbeneficios. Gracias por leer mi correo y me gustaria recibir contestacion.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.