Xoves 28 Marzo 2024

Centos de estudantes coñecen as células nai co UniStem Day

A Facultade de Medicina acolleu este venres un novo UniStem Day 2016 no que máis de 250 estudantes dos centros Rosalía de Castro, Antón Fraguas, Peleteiro e Compañía de María participaron, simultaneamente con 73 universidades e centros de investigación de oito países europeos, coñeceron a investigación con células nai.

Foron en total máis de 27.000 estudantes de España, Reino Unido, Alemaña, Dinamarca, Polonia, Serbia, Suecia e Italia os que interviñeron á vez nunha xornada na que, ademais da USC, participaron outras nove universidades españolas. O encontro na USC estivo coordinado por cuarto ano consecutivo polo Grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Párkinson.

Publicidade

UniStem Day 2016 inaugurouse nun acto no que participaron a vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes; o decano de Medicina e Odontoloxía, Jesús Gestal Otero; e o director do Departamento de Ciencias Morfolóxicas e do Grupo de Neurobioloxía da Enfermidade de Párkinson da USC, nodo da Rede de Terapia Celular de Galicia, José Luis Labandeira García.

Un total de 27.000 estudantes europeos participaron no UniStem Day

A continuación, e logo de saudar ás distintas delegacións universitarias de España, desenvolvéronse catro sesións impartidas por docentes e investigadores da USC. Sobre o ‘abc’ das células nai falaron Ana Isabel Rodríguez e Carmen Díaz, mentres que Rita Valenzuela, Pablo Garrido e Begoña Villar explicaron cómo experimentar con elas. ‘Tres, dous, un… ¡Acción! Células nai en marcha’ foi o título da charla de Ana Muñoz, Jannette Rodríguez e Juan Parga e, por último, María García, Alicia Costa e Antonio Domínguez contaron verdades e mentiras sobre elas.

A xornada rematou cun xogo de reconstrución dun órgano con células nai e a proxección do documental ‘Terapia celular: a medicina do futuro’. Preténdese deste xeito que a través de conferencias, debates, películas e eventos recreativos a xuventude descubra a investigación tendo en conta non só o contido e métodos científicos senón tamén as posibilidades creativas e divertidas que ofrece.

Na USC o UniStem contou co patrocinio de Galmedic Material, Glass Chemicals, Celta Ingenieros, Merck-Millipore, Fisher Scientific, Grupo 3, Editorial Elsevier, Red Bull e Gadis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Santiago rexistrou máis de 2.300 horas de Sol en 2023, a segunda marca máis alta do século

A chuvia recollida ao longo do ano superou os 2.000 litros por metro cadrado, mentres que a temperatura máxima foron os máis de 36 graos do pasado 8 de agosto

A calidade do aire en Santiago, no límite das recomendacións da OMS segundo un estudo

ConBici presenta os resultados dun proxecto no que colabora a USC e que mediu a calidade do aire en 18 cidades españolas durante dous anos

Pódese transplantar o cerebro?

Considerado “o obxecto máis complexo do universo”, este órgano establece millóns de conexións que controlan todas as funcións do noso corpo

O falso mito das casas galegas de pedra: cando os muros eran brancos

Hai 100 anos, as vivendas galegas cubríanse de cal por cuestións hixiénicas e de illamento térmico, pero unha nova corrente estética do século XX reverteu a tendencia