Venres 19 Abril 2024

Acordo para trasladar o Campus do Mar da UVigo ao edificio Faraday

A instalación da sede institucional do Campus do Mar no edificio Faraday da Escuela de Transmisones y Electricidad de la Armada (ETEA) no barrio vigués de Teis, está un pouco máis cerca de se converter nunha realidade trala sinatura este mediodía, entre a Universidade de Vigo e as consellerías de Facenda e de Cultura, Educación e Educación Universitaria, de dous convenios para o financiamento dos traballos previos á rehabilitación do edificio Faraday. 243.000 euros é importe que a Xunta de Galicia destinará este ano ao inicio da rehabilitación do inmoble, que inclúe o proxecto sectorial, o estudo xeotécnico, análise estrutural, levantamento de planimetría e redacción do proxecto básico de execución, así como a redacción do prego de prescricións técnicas para a rehabilitación do inmoble.

Martínez, Feijoo, Mato e Rodríguez, diante do Faraday. Foto: Duvi.
Martínez, Feijoo, Mato e Rodríguez, diante do Faraday. Foto: Duvi.

Como “un día histórico que supón un gran salto no futuro da Universidade”, cualificou o reitor da institución académica viguesa, Salustiano Mato, esta xornada, na que os conselleiros de Educación, Román Rodríguez e de Facenda, Valeriano Martínez, en presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinaron o convenio para iniciar a rehabilitación do edificio Faraday. “Este 2017 a ETEA volve emitir”, dixo Feijóo, que recoñeceu que as institucións non souberon estar a altura dun proxecto que sufriu unha parálise de dez anos. O presidente da Xunta tamén avanzou a próxima sinatura do convenio que permitirá reverter á Zona Franca de Vigo as parcelas 3A e 3B, nas que ademais da sede corporativa de Campus do Mar, se localizarán a acelerador de empresas, o centro de innovación gastronómica e as actividades relacionadas coas tecnoloxías avanzadas mariñas. Xunto a estas actuacións ás que a Xunta prevé destinar uns cinco millóns de euros, Feijóo adiantou un inminente acordo co CSIC para trasladar á ETEA o Instituto de Investigacións Mariñas de Bouzas.

Publicidade

O proxecto estivo paralizado durante dez anos

Trala sinatura de cadanseu convenio coas consellerías de Educación e Facenda, o reitor da Universidade de Vigo destacou que máis aló da importancia que para a Universidade ten a materialización de Campus do Mar, a súa instalación na ETEA “supón revitalizar unha zona da cidade e crear un lugar onde Vigo e Galicia se mirarán no mundo”. Mato lembrou as dificultades que entrañou desbloquear un proxecto que estivo paralizado durante unha década e agradeceu moi especialmente o labor do presidente do Xunta por ser “unha persoa de palabra que cumpriu o seu compromiso coa Universidade e con Vigo”. O reitor augurou que pasados un anos, cando comecen a chegar os primeiros resultados do Campus de Mar, “non haberá mellor escaparate para a ciencias mariñas, para os produtos do mar, para a industria e comercio”.

Pola súa banda, o presidente da Xunta tamén incidiu na idea de que Campus do Mar está chamado a ser unha referencia da investigación mariña e lembrou o abandono que durante anos sufriu a ETEA, nos que non tivo o uso que merecía. Feijoo asegurou que, tras solucionar uns expedientes moi complicados, “o proxecto non ten volta atrás”. Tras asegurar que nun proxecto coma este non vale o curtopracismo, avanzou que “nesta lexislatura queremos entregar estas instalacións á Universidade e aos veciños de Teis o que necesitan, enlazando o pasado co presente proxectándoo no futuro”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A forza dos raios: mortais nun radio de dez metros e inofensivos dentro dun coche

A presenza da gaiola de Faraday provoca que o campo electromagnético dentro dun condutor en equilibrio estático sexa nulo

A hostalaría galega recupera os horarios habituais por primeira vez dende a pandemia

Despois de dous anos de restricións na hora de peche, o ocio nocturno en Galicia volve á normalidade

Por unha carreira estable e enteira: as reclamacións dos investigadores galegos a Feijóo

A precariedade do sector e a autonomía da figura do investigador foron algúns dos temas da primeira reunión entre InvestiGal e o presidente da Xunta

Claves do novo modelo de restricións: así queda Galicia a partir do venres

As previsións do comité clínico advirten que, de manterse a transmisión actual, poderían multiplicarse os ingresos hospitalarios nas vindeiras semanas