Venres 19 Abril 2024

As bolsas de verán do CiTIUS poderanse solicitar ata o 2 de maio

CiTIUS da USC convoca, por terceiro ano consecutivo, o seu programa de bolsas de verán, con 10 axudas de inicio á investigación dirixidas a estudantes de grao que desexen comezar a súa actividade científica no centro. As estadías, que se desenvolverán durante o mes de xullo, están dotadas con 700 euros e inclúen unha axuda económica destinada a gastos de viaxe para as persoas non residentes en Compostela.

Os estudantes seleccionados integraranse nun proxecto de investigación desenvolvido no marco dalgún dos Programas Científicos do centro, a través do que poderán aproximarse ás últimas tecnoloxías relacionadas con Big Data, visión artificial ou os avances máis recentes no campo da robótica. Ademais, terán a posibilidade de participar en distintas actividades organizadas polo CiTIUS, como conferencias impartidas por investigadores de prestixio ou ciclos formativos.

Publicidade

As persoas candidatas deberán ter finalizado o terceiro curso do grao en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación, Matemáticas, Física ou disciplinas afíns, ou ben ter superado 140 créditos cunha nota media igual ou superior a 8,0.

A documentación necesaria, que se pode consultar neste arquivo, terá que remitirse antes do 2 de maio a citius.idi@usc.es indicando no asunto ‘Bolsas de verán’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844