O acto contou coa presenza, amais das premiadas, do reitor da USC e o presidente da Xunta.

O acto contou coa presenza, amais das premiadas, do reitor da USC e o presidente da Xunta.

O exemplo de Wonenburger para reivindicar á muller científica

O claustro de Fonseca acolleu a clausura da exposición dos premios que levan o nome da matemática coruñesa

As universidades galegas, a través das súas oficinas e unidades de Igualdade, colaboraron estes meses acubillando nos seus sete campus a exposición das galardoadas dos Premios María Josefa Wonenburger Planellsque outorga a Unidade de Muller e Ciencia dende o ano 2007- coa que se pretende visibilizar as contribucións feitas por estas científicas e tecnólogas galegas, e así dar a coñecer entre a comunidade universitaria o traballo destas mulleres.

A mostra, agora presente no claustro do Colexio de Fonseca, clausurouse este mércores 29 nun acto no que interviñeron o reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Viaño resaltou a figura de María Wonenburger, “capaz de superar os prexuízos da época e de todos aqueles que non entendían que o feito de ser muller non é un obstáculo para ser unha excelente científica”. “Iniciou unha senda moi importante na ciencia internacional, e na matemática en particular, –dixo– que permitiu comezar a rachar conceptos machistas instalados na medula das sociedades da época e fundamentados en simplezas e descoñecemento”.

A exposición recolle o que aconteceu nos últimos nove anos e os descubrimentos que fixeron cada unha das homenaxeadas. As profesoras Inmaculada Paz Andrade e Tarsy Carballas realizan un traballo que permite previr os lumes e recuperar as terras queimadas. Pola súa banda, as profesoras Teresa Miras Portugal, Carmen Navarro Fernández–Balvuena e Soledad Soengas González logran avanzar nas enfermidades que máis nos afectan neste século; un equipo ao que se suma a profesora María José Alonso Fernández, que dedica todo o seu talento e esforzo a lograr medicamentos máis efectivos a través da nanotecnoloxía. O elenco de premiadas complétase coa profesora Carmen García Mateo, dedicada á codificación de audio e a lograr mellorar a comunicación entre as máquinas e nós; Ofelia Rey Castelao, que explicou o que supuxo a emigración; e a arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola, premiada este ano.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.