O ránking The Times deixa ás tres universidades galegas entre as 800 mellores do mundo.

O ránking The Times deixa ás tres universidades galegas entre as 800 mellores do mundo.

A Universidade de Vigo cae 250 postos no prestixioso ránking Times

A Uvigo baixa nun só ano do sector 350/400 ao 600/800, mentres Santiago é a mellor situada e A Coruña entra na clasificación

As tres universidades galegas quedan situadas nos 800 primeiros postos dentro do ránking Times Higher Education World University Ranking, un dos máis prestixiosos do mundo. A Universidade de Santiago é a mellor situada na edición 2015-2016, posicionándose no intervalo 501-600. A Coruña e Vigo están no intervalo 601-800. Hai que dicir que a USC mantense, que A Coruña entra no ránking pero que Vigo baixa, cun descenso dende a posición 351-400 que disfrutaba o ano anterior.

A caída de Vigo é a nova máis destacada da nova edición do ránking Times publicado esta semana. O desplome supón uns 250 postos nun só ano. A caída prodúcese en todos os ratios. Na calidade da docencia perde 1,3%, de 19,7 a 18,4. Pero o dato máis significativo son as citas en artigos científicos, nos que se afunde, pasando de 62,9 a 31,8.

Para a súa elaboración, esta clasificación baséase nos datos procedentes de 1.126 institucións universitarias, a análise de 11,3 millóns de artigos científicos e as respostas de enquisas a máis de 11.000 académicos arredor do mundo. O ránking preséntase como “a listaxe das mellores universidades a nivel mundial e como a única clasificación do rendemento das universidades en base á análise das das súas misións básicas: docencia, investigación, transferencia de coñecemento e perspectiva internacional”.

Na calidade da docencia, Santiago sitúase moi por riba de Vigo e A Coruña

Segundo a análise que realiza Times Higher Education (THE), na calidade da docencia, Santiago (22,9) sitúase moi por riba das outras dúas, case empatadas: Vigo (18,4) e A Coruña (18,3 ). En investigación, tamén destaca a USC (14,1), fronte a Vigo (10,05) e A Coruña (10,00). Sen embargo, no número de citas en publicacións internacionais, a gran fenda ábrese con A Coruña, cunha puntuación de só 16,6, moi superada pola USC (46,9) e a UVigo (31,8).

Vigo (38,1) e A Coruña (38,2) están en cabeza en transferencia de tecnoloxía á empresa. A USC sitúase en 32,3 puntos.

O ránking de THE inclúen un total de 25 universidades españolas. A de Santiago comparte posición coas universidades do País Vasco, Granada, La Laguna, Oviedo, Salamanca, Sevilla e Zaragoza. Nas primeiras posicións sitúanse a Autónoma de Barcelona (146); Pompeu Fabra (164); Barcelona (174); Autónoma de Madrid e Navarra (301-350); e Complutense, Politécnica de Cataluña, Rovira i Virgili e Valencia (401-500). Completando a presenza española seguiríanlle, no intervalo 601-800, as de A Coruña, Alcalá, Castela A Mancha, Carlos III de Madrid, Murcia, Politécnica de Valencia, Politécnica de Madrid e Vigo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.