Imaxe promocional da iniciativa.

Imaxe promocional da iniciativa.

Alumnos de Telecomunicación recrean unha III Guerra Mundial en Vigo

Convertirán o campus nunha ‘zona militar’ que deberán reconquistar fronte ao exército ruso

“O exército ruso invade a cidade de Vigo para apoderarse do principal sistema de comunicación entre Europa e América interrompendo así a comunicación interna entre os exércitos aliados”, así é como comeza El Origen, un xogo de rol en vivo ambientado na reconquista dun territorio invadido polo exército ruso. Cinco horas de deporte, aventura e diversión nocturna é o que propoñen os organizadores do Paso de Ecuador de Enxeñaría de Telecomunicación no I Rastrexo Cidade Universitaria War Edition, que terá lugar o vindeiro sábado 18 dende as 22.00h ata a madrugada e con punto de saída na praza Miralles.

Coa intención de financiar a viaxe de fin de carreira a Malta o estudantado de último curso da EE de Telecomunicación decidiron “innovar e facer un rastrexo baseado nun conflito militar, buscamos patrocinio e apoio para levalo a cabo e confiamos en que sexa un éxito de convocatoria”, explica Pedro Romero, estudante de Enxeñaría de Telecomunicación e organizador principal do evento. Un equipo formado por Diego Antelo, Jorge Cendal, Víctor Bóveda, Xulia Gil, Sergio Bugallo, Juanjo López, Paula Maquieira, Pablo Cid e o propio Romero encárganse de xestionar a preparación deste evento deportivo. O rastrexo recreará unha misión militar onde o ataque do exército ruso á cidade de Vigo é inminente. Os participantes do xogo pasarán a ser reclutas da Escola Militar de Marín e os organizadores e voluntarios representarán ás distintas faccións implicadas na hipotética guerra: os aliados, a resistencia e os rusos, nunha batalla onde os xogadores poderán atopar no mercado negro todo o que precisen para a súa supervivencia.

Equipo organizador da recreación. Foto: Duvi.

Equipo organizador da recreación. Foto: Duvi.

O prazo de inscrición permanece aberto ata este xoves 16 e neste momento “hai xa preto de 200 persoas apuntadas”, explica Romero, “polo tanto a diversión está asegurada”. Pero tamén a seguridade, pois a proba contará coa colaboración de Protección Civil, ambulancia médica e seguridade privada co fin de garantir o bo desenvolvemento do evento. A organización, composta por máis de 60 persoas, ten programadas outras actividades aínda sen confirmar para as horas previas, e un pequeno catering unha vez que remate o evento “para recuperar folgos logo dunha intensa noite”, subliña o estudante da EE de Telecomunicación.

Unha vez que comece o xogo, os participantes convertidos en reclutas estarán inmersos nunha dura misión militar. Estarán repartidos en equipos de seis ou 12 persoas e deberán superar un total de oito probas obrigatorias tanto físicas como de axilidade e de intelixencia nun perímetro de 6,5 km a través do campus vigués, no que avanzarán por varias zonas militares: a dos aliados, a dos inimigos, e polo espazo hostil. “Temos programada algunhas probas máis, pero serán unha especie de bonus para obter obxectos especiais”, explica o organizador.

Buscan recadar fondos para a viaxe de fin de carreira

O rastrexo está ambientado nunha hipotética III Guerra Mundial, polo tanto contará con distintas faccións, que estarán representadas por persoas da organización e por voluntarios que deben inscribirse previamente a través da web do evento. Unha delas será a do exército ruso, que non terán outra misión que apropiarse do mundo e controlar os medios de comunicación e ademais están en posesión dunha potente bomba atómica coa que destruír aos inimigos. Por outra banda, estará a resistencia, que serán primeiros grupos organizados que se enfronten aos rusos, e tamén os aliados, que proporcionarán información aos participantes do xogo, ou sexa, aos reclutas. Na batalla que se librará no campus os xogadores terán que seguir pistas, obter información dos aliados, negociar a compra de armamento… co único fin de aguantar toda a noite sen que os capture ou elimine un inimigo, aínda que “se poderá abandonar ao xogo en calquera momento, quitándose a pulseira identificativa e dirixíndose á zona militar aliada”, explica Romero.

Unha vez inscritos, os participantes deberán adquirir unha entrada que terá un custo de 8 euros a través da web entradium.com que servirá de pase oficial para o xogo. A partir das 18.00 h abrirase o punto de check in do evento para a recollida de tarxetas identificativas, pulseira e demais obxectos necesarios. O check in pechará 30 minutos antes do comezo proba. Os participantes no rastrexo “deben traer unha linterna, un teléfono móvil e roupa e calzado cómodo”, lembra Romero.

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.