Vista de San Xerome, sede da reitoría da USC.

Vista de San Xerome, sede da reitoría da USC.

A USC, entre as 250 mellores universidades do mundo en Linguas Modernas, Lingüística e Farmacia

A clasificación do QS World University Ranking 2017 destaca á institucións santiaguesa en varias áreas de coñecemento

O QS World University Ranking acaba de publicar a clasificación das 500 mellores universidades do mundo en función das diversas áreas de coñecemento. A Universidade de Santiago de Compostela é a única galega que aparece na lista, na que obtén varios resultados destacados.

En canto a grandes áreas, a USC aparece no posto 356 de Artes e Humanidades e no 374 de Ciencias Naturais. Tamén está entre as 500 mellores en Ciencias da Vida e Medicina e en Ciencias Sociais.

No referente a ámbitos temáticos concretos, os resultados son aínda mellores no apartado de Linguas Modernas, onde figura no intervalo 151-200, e en Farmacia, Farmacoloxía e Lingüística, no que aparece na posición 201-250. Tamén destaca a posición da USC en Agricultura e silvicultura e en Enxeñaría Química, (posición 251-300), Matemáticas (301-350), Física e Astronomía (351-400), e Química e Medicina (401-450).

O QS World University Rankings by Subject 2017 selecciona as que considera como as 500 mellores universidades do mundo organizadas por grandes áreas de coñecemento e en base a ámbitos temáticos concretos. Para ordenar a clasificación, toma en consideración varios criterios: por unha parte, enquisas globais realizadas por QS entre académicos e empregadores para avaliar a reputación internacional das institucións universitarias en cada tema. Os outros dous indicadores refírense ao impacto da investigación a partir das citas por artigo e o índice h dos investigadores, segundo o recollido nas bases de datos Scopus de Elsevier.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.