Recreación do novo edificio de Ciencias da Saúde.

Recreación do novo edificio de Ciencias da Saúde.

Santiago elixe o deseño do novo edificio de Ciencias da Saúde

Será unha construción de tres plantas, co protagonismo da madeira e integrada co hospital Gil Casares

O xurado encargado de resolver o concurso de selección do anteproxecto para o complexo dotacional de edificios de Ciencias da Saúde da USC elixiu a proposta presentada por B-CDB Arquitectura SLP e a UTE Sanabria & Planas/Gallego Arquitectos SLP. O proxecto asínano os arquitectos Humbert Costas Tordera, Ramón Sanabria Boix, Lidia Planas Rosell, Josep Gallego Álvarez e o galego Carlos Durán Bellas.

Plano do novo edificio.

Plano do novo edificio.

A proposta gañadora presenta un edificio lineal de planta baixa e tres alturas que se implanta perimetralmente no solar do hospital Gil Casares coa intención de formar un recinto controlado interior arredor desta edificación hospitalaria, que se rehabilitará para a súa conservación. A nova edificación basearase nunha estrutura de madeira e cunha especial atención á integración co seu contorno inmediato.

Ao futuro complexo dotacional, cun total  de 32.391 metros cadrados construídos, trasladaranse as facultades de Medicina e Odontoloxía e de Enfermaría, ademais doutros espazos de usos comúns como auditorio, biblioteca, servizo de restauración e aparcamento.

Conformaron o xurado encargado da selección de anteproxectos representantes da universidade compostelá, do Sergas, do Concello de Santiago, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da área de Aforro e Eficiencia Enerxética del Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.