Venres 29 Marzo 2024

A UNED suspende un curso sobre astroloxía na Coruña tras numerosas protestas

A Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) vén de suspender o curso Iniciación á astroloxía: que é e que papel xoga nas nosas vidas”, que ía ser impartido na Coruña os días 23 e 24 de febreiro e  2 e 3 e de marzo. Desde o centro da UNED na cidade herculina remítense a “problemas técnicos” para explicar a suspensión da actividade, aínda que todo apunta a que o motivo da cancelación da actividade se debe ás numerosas protestas do mundo científico e académico, indignadas polo amparo dunha entidade pública á difusión de pseudociencias.

Ao longo do luns, numerosos usuarios das redes sociais comezaron a denunciar a celebración deste curso. Un dos primeiros foi Javier Pedreira, Wicho, divulgador científico coruñés que publicou o seguinte tuit.

Publicidade

As reaccións non se fixeron agardar, e varias entidades, como a Agrupación Astronómica Ío, o Círculo Escéptico ou Divulgacción, reclamáronlle á UNED a cancelación do curso a través dunha carta aberta.

A última hora do luns, a información sobre o curso desapareceu da web da UNED. No seu lugar aparecía un mensaxe que informaba de que “a actividade todavía non está aprobada e non pode ser visualizada”. Non en tanto, aínda se podía acceder a todos os datos do curso a través da caché de Google.

Segundo se detalla no mencionado anuncio, o curso, de 8 horas de duración, tiña por obxectivo iniciar aos alumnos “no descubrimento dos elementos principais da Astroloxía para que poidan chegar a saber de que trata o entramado astral, xa que constitúe un dos compoñentes esenciais de toda personalidade humana”. No programa figura unha visita ao Monte de San Pedro, o estudo da “banda zodiacal”, e “o subsistema dos ambientes ou climas”. O prezo ordinario era de 30 euros, cun desconto de cinco euros para alumnos da UNED e gratuíto para os tutores do centro.

Como relator figura Gonzalo de la Huerga Fidalgo, maxistrado (xubilado) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde foi presidente da sala do Contencioso Administrativo, e antigo membro do Consello Consultivo de Galicia. No seu currículo tamén figura como profesor de Dereito Administrativo na UNED.

 

 

4 COMENTÁRIOS

  1. No se trata de censura, ni inquisición. Simplemente, la Universidad es un sitio donde se supone que se expone el conocimiento. Creo que está fuera de discusión el que la astrología es un camelo, falto de la mínima credibilidad científica. Como entretenimiento, puede estar bien, pero que no se intente vender como una ciencia. Si los creyentes en eso quieren que se homologue con una ciencia de verdad, que sometan sus principios al método científico. Si no, serán unos simples creyentes fuera del ámbito científico, como ocurre con las religiones.

  2. Se o tivesen abordado dende unha visión histórica, filosófica, antropolóxica, literaria ou artística, non pasaría ná. A UNED tamén ten eses graos e, en varias materias, obviamente, fálase de astroloxía. Certamente para algunhas persoas estos graos son inútiles, e polo visto para algúns divulgadores tamén. Ten certa lóxica, pois soen mostrar unha ignorancia absoluta sobre estes temas.

  3. Las Universidades siempre han sido un ejemplo de foro de discusion, debate e independencia. Que no se pierda!

  4. Si, por lo visto las Universidades se han convertido en la nueva inquisicion, a quien no le guste el curso que no lo haga, nadie esta obligado.
    Respecto a Wichu, yo tambien vivo en Coruña y no sabia que la ciudad era de el… por lo visto es mejor toda la basura que mete a los chavales por internet y tener la desfachatez de cobrar entrada en el Teatro Colon, asi va el mundo… ya lo dijo Nietzsche, quien mandaba

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

As infeccións de transmisión sexual entre menores de 18 anos medran un 37% en España

O XIV Congreso Nacional GeSIDA celebrado na Coruña reúne a centos de expertos que debatirán sobre os avances e retos no ámbito do VIH

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia