Venres 19 Abril 2024

A contaminación lumínica en Galicia, baixo control

Universidade de Santiago de Compostela e MeteoGalicia colaborarán na avaliación dos niveis de contaminación lumínica para mellorar as medidas de eficiencia enerxética en Galicia. O traballo realizarase a través da Rede galega de medida do brillo do ceo nocturno, unha das primeiras e máis extensas redes públicas existentes a nivel mundial para a monitorización dos niveis de brillo do ceo provocados polas emisións artificiais de luz. A súa posta en marcha é froito da colaboración entre o grupo de investigación en Microóptica e Sensores de Frente de Ondas da USC e Meteogalicia.
O servizo componse de trece detectores instalados noutras tantas estacións meteorolóxicas de Meteogalicia que recollen os datos obtidos dende a súa entrada en servizo progresivo nos anos 2013 e 2014. Os resultados desas medicións poden consultarse xa na web de MeteoGalicia, onde se mostran datos das máis de 4,5 millóns de medicións realizadas durante o ano 2014.

Detector de contaminaciónn lumínica
O investigador da USC Salvador Bará explica o funcionamento dos detectores nun acto celebrado nas instalacións de Meteogalicia. Foto: Ana Varela. Xunta de Galicia

Os detectores instalados nas estacións automáticas de Meteogalicia están distribuídos entre zonas fortemente emisoras de luz, é dicir, as zonas urbanas e periurbanas, e as zonas de menor emisión lumínica, como as áreas rurais e de montaña ou no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, informa a USC.
Os resultados obtidos permiten comprobar como nas estacións rurais, de montaña e nas situadas no Parque das Illas Atlánticas o brillo cenital en noites despexadas é entre 1,6 e 4 veces superior ao que se considera nunha noite escura en condicións naturais. Ou que nas áreas urbanas o brillo cenital típico en noites despexadas é entre 10 e 40 veces superior ao correspondente a unha noite escura en condicións naturais.
Ademais de para unha mellor planificación das medidas de eficiencia enerxética, a información que proporciona esta rede ten moito interese para as actividades astronómicas. En concreto existe unha iniciativa promovida pola Unesco, denominada Startlight, que certifica que as condicións dos ceos nocturnos permiten unha observación astronómica de calidade. A rede que se vén de presentar debe servir para conseguir este tipo de certificacións e, polo tanto, diversificar os intereses turísticos dos lugares que aspiran a acadar o distintivo Starlight.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204