Eduardo Oliver no laboratorio de medicina experimental do Imperial College. / CERU

Os peores prognósticos para a ciencia europea tras do Brexit

A ciencia non entende de fronteiras e os resultados do referendo no Reino Unido poderían empezar a trazalas

Eduardo Oliver/Axencia SINC

Eduardo Oliver no laboratorio de medicina experimental do Imperial College. / CERU

Que consecuencias terá para a investigación europea e británica a decisión do Reino Unido de saír da Unión Europea? Eduardo Oliver, investigador de farmacoloxía na división de Medicina Experimental do Imperial College de Londres, explica os efectos que suporá o brexit na ciencia británica e europea.

 

A saída de Reino Unido da Unión Europea traerá consecuencias impredicibles para o país. Este feito histórico prodúcese tras unha longa campaña cargada de opinións e poucos datos obxectivos, e cun sentimento oposto á inmigración.

Moitos británicos e todos os europeos preguntámonos sobre estas posibles consecuencias. Os mercados empezaron a dar as primeiras respostas. A economía do país vai resentir co brexit, polo menos nestes primeiros anos nos que a incerteza vai reinar. E que vai pasar coa ciencia británica? Nove de cada dez científicos, incluídos trece premios Nobel e o recoñecido Stephen Hawking ou institucións como a Royal Society postuláronse en contra e advertiron sobre os efectos negativos para a ciencia británica e a europea.

Nove de cada dez científicos postuláronse en contra do Brexit

A investigación non entende de fronteiras e o brexit podería trazar xa a primeira. En ciencia, hoxe máis que nunca a unión fai a forza. Miles de grupos investigan xuntos cun mesmo fin para abrir novas avenidas ao coñecemento e mellorar a nosa calidade de vida, e todos eles baixo o paraugas común dos programas marco da Unión Europea.

Non estamos a falar só de fondos económicos para investigar, que tamén se verán afectados. Os efectos no ámbito científico poden ser desastrosos. Unha economía británica máis débil fai pensar en recortes no investimento en l+D. A isto engadirase a imposibilidade de solicitar fondos dos programas de Horizonte 2020 e aos prestixiosos proxectos do European Research Council, cuxo principal beneficiario segue sendo a día de hoxe Reino Unido.

A saída das accións de mobilidade do persoal investigador Marie Sklodowska Curie, que a tantos investigadores europeos formou, unido á perdida dos dereitos como cidadáns europeos, minguará sen dúbida a capacidade do país de atraer talento.

Reino Unido terá que asinar acordos para acceder aos programas da UE

No mellor dos escenarios, o país verase obrigado a asinar convenios puntuais para ter acceso a estes programas, pero sobre todo terá que asinar acordos para poder permanecer nos grandes proxectos europeos que van supoñer un avance tan importante para a humanidade como o Human Brain Project ou a participación nas investigacións do CERN. Como serán eses acordos e cando se empezarán a poñer en marcha?

Aínda por riba, un socio tan potente como Reino Unido pode quedar illado da toma de decisións en Europa. No peor dos escenarios previstos, todas estas consecuencias poden levar a moitos investigadores para exporse emigrar a outros países onde sexan mellor recibidos e teñan mellores oportunidades. O brexit podería abrir as portas a unha dolorosa fuga de talento.

Neste escenario, non soamente teñen moito que perder os científicos británicos e europeos, a ciencia e o avance do coñecemento están en risco.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.