Xoves 28 Marzo 2024

Cando Galicia puido ser Holanda

 

Fai agora 100 anos, presentábase a obra O problema Agrario de Betanzos. A súa resolución por parte de Lois Peña Novo, coa cal gañaba os Xogos Florais organizados polas Irmandades da Fala de Betanzos en agosto de 1918. Nesta obra, Peña Novo, repasa a situación do agro e das principais transformacións que se estaban a levar a cabo no mesmo, poñendo de manifesto como a gandería era a principal fonte de ingresos para os labregos.

Carlos Lemaur, enxeñeiro e arquitecto francés, foi o encargado da obra de construción do Pazo de Raxoi.
Carlos Lemaur, enxeñeiro e arquitecto francés, foi o encargado da obra de construción do Pazo de Raxoi.

O crecente desenvolvemento da gandería vacúa, como fonte principal de abastecemento de carne nas principais urbes da península, facía que as demandas de alimentación para o gando fosen cada vez maior. Do mesmo xeito que se estaba a levar no resto da Europa Atlántica, comezaba a ter lugar en Galicia unha deriva cara á especialización gandeira, o que provocaba a necesidade de realizar un maior aproveitamento da Superficie Agraria Útil e os rendementos dos seus cultivos.

Publicidade

Para iso, Peña Novo fíxase na labor realizada en Holanda e Dinamarca, na procura de terras gañadas ao mar para o aproveitamento de cultivos, e sinala como existen zonas nas rías galegas, en concreto a de Betanzos, que dispoñen de praderías ao borde do mar que se poderían ampliar co fin de potenciar a riqueza pecuaria da zona.

“La ría de Betanzos baña más de cien hectáreas de terreno, que son prados naturales, pero que sólo dan hierba mala, una parte, y otra parte, la mayor, no da nada; ambas por dos causas: porque son siempre inundadas por las mareas altas y porque el agua salada impiden su fertilización. Y estas dos causas ocurren por una causa única: la impericia de sus propietarios, de todos los brigantinos, si son bienes comunales, porque no trabajan esas tierras para un cultivo fecundo: elevando un muro de contención, o sea formando diques, se evitaría la invasión de las mareas y se ganaría con muy poco coste una enorme extensión de terreno al mar. No de otra manera han hecho su riqueza los trabajadores pueblos del Norte, holandeses y daneses. Esos diques tendrían esclusas siempre cerradas en invierno, cerradas también en verano en pleamar, pero abiertas en las bajas mareas, por medios fáciles recogería el agua dulce del ríos, que está a más altura, y por esa razón, con poquísimo coste, casi sin canalizaciones, se podría regar completamente todas aquellas tierras que serían, sin duda alguna, los mejores prados de Galicia, ya que alimentaría cientos, sino miles de cabezas de ganado.”

Esta idea non era nova. Con anterioridade, o enxeñeiro militar e arquitecto francés, Carlos Lemaur, xa propuxera a idea de desecar os xuncais da ría de Betanzos. Do mesmo xeito que Peña Novo, amparábase no éxito que tiveran as experiencias nos pólders holandeses. Así, o 29 de maio de 1765, Lemaur presentaba perante a Xunta de Comercio e Moeda, un plan no que pretendía desecar e facer cultivables unhas 230 hectáreas de xunqueiras, facilitando o asentamento da poboación nesa zona, e permitía facilitar novamente o acceso a Betanzos por vía marítima, poñendo fin aos problemas que a falta de drenaxes provocara o atoamento das cuncas do Mero e o Mandeo.

Dito proxecto consistiría na realización de diferentes diques e esclusas que protexerían a zonas de inundacións causadas polas mareas, permitindo o cultivo desas terras e o asentamento de 154 familias cunha hectárea de superficie cultivable para cada unha delas. Segundo Meijide Pardo, dita actuación tería sido un importante dinamizador económico para a comarca.

O intelectual Lois Peña Novo, un dos fundadores das Irmandades da Fala.
O intelectual Lois Peña Novo, un dos fundadores das Irmandades da Fala.

Porén, a proposta enseguida contou cun amplo rexeitamento por parte da poboación da zona, ao chocar co emprego tradicional que se facía desas xunqueiras como abono e pasto para o gando. A oposición liderada polo Concello de Betanzos, contou co apoio dos intereses de nobres e da igrexa, así como de diferentes cidades de Galicia e dos gobernadores civís. Tras varios cambios e novas propostas, en 1774 o plan finalmente rexéitase definitivamente caendo no esquecemento.

A mediados dos anos 20 do século pasado, o veterinario Juan Rof Codina, de seguro coñecedor destes traballos, propón a posibilidade de facer extensible ao resto de rías de Galicia unha actuación semellante, do mesmo xeito que se estaba a comezando a poñer en práctica no centro e sur de Portugal.

“Cada pradera creada en la demarcación de una ría gallega, puede ser una riqueza de forrajes para las vacas lecheras de la comarca, que en la actualidad están condenadas a pacer en los montes de carpazas, que apenas entretienen el hambre de los ganados y se opone a esa miseria fisiológica mantenida a su amparo, iniciar la reforma de nuestra industria pecuaria por el lado de industrias lácteas, formándose así el futuro ganado lechero gallego.”

Como ben teñen sinalado Cabo Villaverde ou Fernández Prieto e Soto Fernández, moitos foron os técnicos que botaron unha mirada cara aos modelos atlánticos de especialización pecuaria, coa intención de implementalos en Galicia. Mesmo Castelao, apostaba por unha transformación agraria cara a produción de forraxe, seguindo os modelos centroeuropeos:

“Non e dificultoso concordar con Rof Codina cando di que as 107.000 hectáreas, que adica Galiza ao cultivo do millo, debía adicalas á produción de forraxes, trevos e plantas gramíneas, como fai Holanda e Dinamarca, pois resultaríalle moito máis barato mercar en América o millo e demais pensos concentrados que adicar as súas terras a semellante cultivo”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo deseñará sensores fotónicos para identificar células tumorais

Membros de atlanTTic participan no proxecto europeo Retina para a mellora de procesos nos ámbitos da saúde, da automoción e da agricultura

Por que apareceron torques nunha finca de Betanzos? A ofrenda ritual e outras hipóteses do sorprendente achado

As pezas atopáronse por casualidade nunha parcela das Mariñas coruñesas mentres se realizaban labores no campo

Os dous torques de ouro achados en Betanzos datan da Idade do Ferro

Un equipo técnico do CSIC determina o bo estado de conservación das xoias, depositadas no museo coruñés de San Antón

Que é o norovirus? O patóxeno que deixa 440 casos de gastroenterite en Betanzos

O virus é altamente contaxioso e a principal hipótese baralla a posibilidade de que proceda dalgunha vertedura urbana ou de augas negras