Os investigadores analizaron 560.000 mensaxes de Twitter.

Os investigadores analizaron 560.000 mensaxes de Twitter.

Científicos de Nova York atopan as claves da viralización en Twitter

A linguaxe moral e emocional nas mensaxes políticas consegue que se estendan máis rápido en redes sociais

As redes sociais son un medio moi usado para debater ideas políticas e morais, por iso investigadores da Universidade de Nova York fixeron un estudo no que analizan máis de 560.000 mensaxes de Twitter sobre tres temas de debate: o control de armas nos EE.UU, o cambio climático e o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. O obxectivo é comprobar porque algunhas mensaxes se divulgan máis ca outras.

Os resultados, publicados na revista PNAS, amosan que os tuits sobre temas políticos que conteñan unha mensaxe emocional-moral aumentan a súa difusión dentro do grupo afín ao emisor. “O contido que máis rapidamente se difunde é o que maior impacto pode ter nas redes sociais, así que os individuos, os líderes da comunidade e as elites políticas poderían ver aumentada a súa influencia resaltando nas súas mensaxes aspectos morais e emotivos”, sinala o autor principal do traballo, William Brady.

Con todo, o contido non se difunde de forma homoxénea na rede, senón que o fai condicionado por círculos de afinidade. “Aínda que o uso deste tipo de linguaxe pode axudar ao contido para propagarse dentro do seu propio grupo social ou ideolóxico, este tamén pode atopar pouca aceptación entre aqueles con unha visión do mundo distinta”, asegura Brady.

Posición ideolóxica

Para a análise, os científicos dividiron os tuits por categorías, en función de si contiñan palabras cun significado moral e emocional, só emocional ou só moral, consultando varios dicionarios seleccionados previamente para identificar os termos. Así puideron contar cantos retuis correspondían a cada rango e ver cal era a posición ideolóxica do emisor e da persoa que retuiteaba.

Os investigadores demostraron que, nos temas de debate estudados, os retuits aumentaban nun 20% cando as palabras amosaban, asemade, unha mensaxe moral e emocional e o impacto reducíase cando a linguaxe limitábase a ser so moral ou emocional.

Ademais, as diferenzas nas mensaxes tamén son evidentes dependendo do tema da publicación, segundo apunta a investigación. Así, os retuits sobre o matrimonio entre persoas do mesmo sexo eran de contido positivo (con hastag como #lovewins), mentres que os relativos ao cambio climático foron máis negativos, ao referirse aos danos ambientais.

Todas estas características sutís do contido dos tuits inflúen no seu maior ou menor propagación, segundo os autores, quen considera que os seus achados “achegan claves sobre como as ideas morais difúndense durante unha auténtica discusión política nas redes sociais”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.