.

.

Os 63 concellos galegos con máis vacas ca persoas

A provincia de Lugo e outras comarcas produtoras da Coruña acumulan a maior parte das 549.094 cabezas rexistradas

Xa non somos o país do millón de vacas que dicía Manuel Rivas, pero aínda bo é. A pesar da crise do sector gandeiro, co conseguinte peche de explotacións, había en Galicia en 2014 (último ano con datos publicados) 549.094 vacas rexistradas, segundo os datos do Sitran (Sistema Integrado de Trazabilidade Animal) realizado pola Consellería do Medio Rural da Xunta e que recolle o Instituto Galego de Estatística.

As provincias da Coruña e Lugo, en especial as comarcas con máis produción leiteira (Ordes, Arzúa, Melide, Xallas, Terra Chá, Lugo, A Ulloa, Deza) acumulan gran parte destas cifras. Así, con esta elevada concentración de cabezas, hai 63 concellos galegos que teñen censadas máis vacas ca seres humanos, tendo en conta os datos do Padrón Municipal de Habitantes do INE. 12 deles (Muras, A Pastoriza, Pol, Paradela, Triacastela, Frades, Montederramo, Dozón, Rodeiro, O Páramo, Mazaricos e Mesía) teñen máis de 3 vacas por cada persoa empadroada no concello.

Os 63 concellos con máis vacas ca persoas

Son os seguintes, por provincias:

A Coruña: A Capela, Arzúa, Aranga, Boimorto, Curtis, Dumbría, Irixoa, Mazaricos, Mesía, Monfero, Santa Comba, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Touro, Trazo e Vilasantar.

Lugo: A Fonsagrada, A Pastoriza, Antas de Ulla, As Nogais, Abadín, Baleira, Baralla, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Meira, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, O Corgo, O Incio, O Páramo, O Saviñao, O Valadouro, Ourol, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Taboada, Trabada, Triacastela e Xermade.

Ourense: Chandrexa de Queixa, Montederramo e San Xoán de Río.

Pontevedra: Agolada, Dozón e Rodeiro.

Os concellos con máis vacas

Porén, no concello con máis vacas de Galicia, Lalín, hai aínda máis persoas. A capital do Deza tiña en 2014 15.610 cabezas fronte a 20.044 habitantes. Por riba das 10.000 vacas figuran tamén A Pastoriza (14.664), Mazaricos (12.354), Sarria (12.046), Santa Comba (11.411), Castro de Rei (11.302), Vilalba (10.364), Lugo (10.073) e Friol (10.032).

.

Vacas por habitante

No mesmo sentido, hai algúns concellos que destacan pola súa densidade de cabezas bovinas por habitante. En 12 municipios, o número de cabezas triplica ao de persoas empadroadas.

 

.

Os concellos con menos vacas

No lado contrario, hai algúns municipios nos que non está censada ningunha cabeza de vacún. É o caso de Beade, A Arnoia, Pontedeva, Larouco, Mondariz-Balneario e A Illa de Arousa. Nos municipios de Leiro, Cambados, Cangas e Catoira hai só unha vaca censada.

A vaca nas grandes cidades

A situación nas grandes cidades de Galicia tamén é moi desigual. Mentres que Lugo e Santiago, cunha extensa zona rural, destacan polo seu número de gando vacún, as cifras son moito menores no resto. A lista está así:

1º Lugo (10.073); 2º Santiago de Compostela (3.207), 3º Ferrol (184), 4º Vigo (66), 5º Pontevedra (65), 6º A Coruña (15) e 7º Ourense (9).

Podes consultar os datos sobre gando bovino que recolle o IGE aquí:

Rexistro de gando bovino

7 respostas a “Os 63 concellos galegos con máis vacas ca persoas”

  1. Lois Castro

    Ola,
    colóusevos Castro Caldelas no artigo (no mapa está en negro). Había 2426 vacas no 2014 e por aquelas os habitantes eran 1400 e baixando.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.