Venres 29 Marzo 2024

Unhas zapatillas deportivas feitas con lixo do mar

Unhas zapatillas deportivas fabricadas con lixo atopado nos océanos. Así é o novo prototipo de calzado da marca alemá Adidas, que vén de asinar un acordo de colaboración coa organización Parley For The Oceans na sede nas Nacións Unidas para comercializar, a partir do ano 2016, un novo modelo feito de fíos e filamentos elaborados con residuos de plásticoredes de pesca ilegais obtidos do mar.
Para a fabricación das zapatillas, o lixo mariño pasa por un proceso de reciclaxe: os residuos son triturados en anacos moi pequenos que logo son transformados nas fibras que compoñen o fío co cal se manufactura a tea das zapatillas.
Ambas entidades colaborarán no programa ‘Océano plástico’, baseado en tres piares: educación e comunicación, investigación e innovación, así como accións directas para frear a contaminación por plásticos dos océanos.
Baixo o título ‘Océanos. Clima. Vida’, Parley presentou as súas propostas no salón da Asamblea Xeral das Nacións Unidas de Nova York, durante unha reunión sobre o cambio climático. El evento UNxParley también incluyó una rueda de prensa donde estuvieron Eric Liedtke, miembro del comité ejecutivo responsable de las marcas globales del grupo adidas, y Cyrill Gutsch, fundador de Parley for the oceans. Gutsch habló de esta colaboración y mostró un prototipo de la zapatilla, en la que el upper está hecho de hilos y filamentos recuperados y reciclados a partir de residuos oceánicos y de redes encontradas en el mar.
“En Parley queremos establecer a conservación dos océanos como unha parte fundamental do debate arredor do cambio climático. O noso obxectivo é aumentar a conciencia pública e crear novas colaboracións que podan contribuír a protexer e preservar os océanos”, explicou Cyrill Gutsch, fundador de Parley for the oceans. “Estamos moi orgullosos de que Adidas se una a nós nesta misión para demostrar que é posible converter o plástico do océano nalgo cool“, engadiu.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes