Un grupo internacional de científicos atopou a explicación neuronal sobre por que o cannabis aumenta as ganas de comer. Segundo estudos realizados en ratos, as células nerviosas encargadas de reducir a sensación de apetito funcionan de xeito distinto á habitual ao activarse o receptor cannabinoide e, por iso, a sensación de saciedade desaparece.
Os usuarios de cannabis coñecen a forte sensación de fame que acompaña ao seu consumo, e que os empurra a comer aínda que xa estean saciados. O novo estudo revela que está relacionado coas neuronas que se encargan de producir saciedade, coñecidas como proopiomelanocortinas (POMC).
Ata o de agora, os científicos asumían que o fenómeno estaba relacionado coa activación do receptor cannabinoide 1 (CB1R), un conxunto de proteínas que, en presenza das substancias cannabinoides, aumenta o apetito.
Segundo o novo estudo, publicado en Nature e levado a cabo por científicos de Australia, Alemaña e Estados Unidos, hai algo máis: “Observamos que, en resposta á activación do receptor cannabinoide, as neuronas POMC se activaban, e se liberaban tanto anoresíxenos [supresores do apetito] coma oresixénicos [estimuladores] “, explica Tamas L. Horvath, investigador da Universidade de Yale e xefe de proxecto.
A hormona POMC estimula a alimentación en presenza do THC do cannabis
Sempre se considerara que as neuronas POMC eran as responsables de calmar a sensación de fame. En presenza do cannabis, resulta que tamén funcionan en sentido contrario.
Coñecer este inesperado mecanismo podería ser útil para tratar trastornos da conduta alimentaria.
Hai xustamente un ano, Nature Neuroscience publicaba un estudo sobre outra das causas que desencadeaban a sensación de fame tras fumar marihuana. O informe sostiña que o THC, composto psicoactivo da marihuana, inflúe sobre certos receptores do cerebro vinculados ao sentido do olfacto. Os ratos volvíanse máis sensibles ao olor da comida e aumentaba o seu apetito. Isto débese a que o THC activa o receptor cannabinoide nunha rexión do cerebro coñecida como bulbo olfactivo.
Podes consultar o artigo sobre as neuronas POOC
nesta publicación de Nature
E o artigo sobre a relación de THC e olfacto
nesta publicación de Nature Neuroscience
En primer lugar agradecer esta información.
Hoy cumplo un mes de haber dejado de consumir marihuana después de 24 años consumiendo a diario.
Me llamaba mucho la atención que mientras consumía podía pasar sin comer tranquilamente (sólo desayuno y cena), y este último mes soy incapaz. Tengo muchísima hambre y como a todas horas. He engordado 3 kg.
Ahora entiendo el porqué y doy fe de que es así.
Moi interesante achega para o tratamento de certos desordes alimenticios e, sobre todo, para a anorexia en concreto, me parece. Sería moi bo que se continuase estudando por aquí, xa que é un tema bastante problemático na sociedade actual -na parte ‘desenvolvida’, máis ca nada-.
De todas formas, coido que hai factores máis (chámalle) “poderosos” que poderían contrarrestar un tratamento a base de marihuana nunha persoa que carece de apetito.
De xeito cercano, coñezo unha persoa que, aínda fumando desta sustancia diariamente en cantidades considerables, non era quen de inxerir apenas nada que non fose líquido ou de textura moi liviá durante meses, e comía por absoluta obriga, polo que dito apetito provocado polos POMCs non se daba nela.
Daquelas sufría dunha ansiedade moi intensa e vivía baixo situacións extremas de estrés. Habería que ver qué neurotransmisores fan interferencia en casos deste estilo nos que únicamente os anoresíxenos funcionan nun corpo “ben nutrido” de THC.
Estes posts danme unhas ganas tremendas de estudar fisioloxía e incluso química con profundidade! Realmente é apaixoante o mundo das conexións que nos moven… e eu, teoricamente, era de letras haha
Gracias polo coñecemento e as ganas!
Biquiño e a seguir compartindo cousa boa! 🙂 Saúdos