Situación da estrela KIC 8462852, dende o ceo da Terra.

Situación da estrela KIC 8462852, dende o ceo da Terra. Gráfico: Roberto Mura.

Unha estrela misteriosa desata especulacións sobre vida intelixente alieníxena

Detectan uns raros obxectos orbitando o astro KIC 8462852 e algúns astrónomos din que encaixaría con satélites artificiais

Atopamos finalmente vida intelixente fóra do planeta Terra? Estes días vén de abrirse un debate sobre o tema, tras a detección dunha estrela que orbitan uns raros obxectos que non responden ao modelo tradicional. O achado encaixa cunha idea xa formulada polo científico e escritor Arthur C. Clarke no século XX. O autor dos contos nos que se baseo ‘2001, odisea do espazo’ sostiña que un cinto de refugallos espaciais en torno a un planeta ou estrela sería o mellor indicio para atopar vida intelixente extraterrestre. O lixo espacial sería así a proba.

KIC 8462852 é unha estrela, entre as constelacións Cygnus e Lyra, aproximadamente a 454 pársecs (1.500 anos luz) da Terra. En setembro 2015, varios astrónomos publicaron un artigo analizando a estrañas fluctuacións da luz que proviña da estrela.  Esta técnica é a máis común para detectar planetas que orbiten a estrelas afastadas. Pero, nesta ocasión, esta estrela presentou uns cambios de luminosidade excepcionais. A luz observada parece provir dun obxecto de gran masa (ou moitos obxectos de masa pequena) orbitando a estrela en “formación pechada”, os cales suxiren unha serie de hipóteses estrañas. De feito, non orbitan cun período constante, senón a diferentes velocidades. Algo que non encaixa co modelo clásico para detectar exoplanetas, dos que grazas ao telescopio Kepler se teñen atopado xa máis de 400.

Os científicos do SETI van buscar sinais de radio que podan chegar desta estrela

Os investigadores pensan que a explicación máis probable para a estraña fluctuación de luz da estrela é unha gran nube de po que proveña de cometas que orbitan de forma elíptica. Outra explicación apunta a que a estrela capturou recentemente un campo de asteroides. Tamén podería haber un erro na datación da estrela, que se considera que está xa na fase adulta. Pero se fose unha estrela nova, podería ter un cinto de obxectos a diferentes órbitas.

Pero hai unha derradeira explicación máis apaixonante. Algúns astrónomos pensan que estas observacións son compatibles con mega estruturas producidas por civilizacións alieníxenas. Os astrónomos do SETI (o gran programa de busca de vida intelixente por análise de ondas) planean examinar as frecuencias radiofónicas da estrela para buscar sinais potenciais de actividade antinatural indicativa de vida extraterrestre intelixente.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.