Galileo Galilei foi condenado en 1633 por defender que a Terra xiraba arredor do Sol.

Galileo Galilei foi condenado en 1633 por defender que a Terra xiraba arredor do Sol.

Un de cada catro españois non sabe que a Terra xira arredor do Sol

A enquisa de cultura científica da FECYT revela que moitos pensan que os dinosauros conviviron cos primeiros humanos

Un 27,5 por cento dos españois non acertan a cualificar de verdadeira ou falsa a afirmación de que o Sol xira arredor da Terra. Dende o seu nivel de coñecemento científico, un 31,5 dos cidadáns cre que os primeiros humanos viviron ao mesmo tempo que os dinosauros. A realidade é que os primeiros homínidos apareceron hai 2,5 millóns de anos (homo habilis) cando os dinosauros se extinguiron hai 66 millóns de anos.

Estes asombrosos resultados aparecen na Enquisa de Percepción Social da Ciencia da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). A sondaxe, realizado sobre 6.355 entrevistas, mellora os datos do último estudo, realizado en 2006. A porcentaxe de acerto pasou do 58,5% ao 70,4% nestes nove anos.

No cuestionario tamén se formula a afirmación ‘O centro da Terra está moi quente’, algo sobre o que acerta o 90 por cento (un 85,4 por cento en 2006). Tamén se di que ‘Os continentes se estiveron a mover ao longo de millóns de anos e continuarán facéndoo”, formulación sobre a que acerta un 87,3 por cento.

Un 83,7 por cento acerta sobre a frase ‘Os seres humanos proveñen de especies animais anteriores’, e os datos tamén son bós coa afirmación: ‘O osíxeno que respiramos no aire provén das plantas’. Acerta o 80,1 por cento dos que participaron na enquisa. Pero boa parte dos cidadáns non entenden a orixe da radiactividade. Dous de cada cinco enquisados cren que toda a radiactividade do planeta é producida polos seres humanos.

Máis da metade dos cidadáns pensa que os antibióticos curan doenzas provocadas tanto por virus como bacterias, cando a realidade é que somentes afectan a estas últimas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.