Whisky

Alambiques para a producción de whisky. / Hajotthu

Un afeccionado elabora whisky de 20 anos en seis días

O estadounidense Bryan Davis trata de patentar un sistema que recrea a composición química do licor nun reactor

Parabén aos afeccionados ao bo whisky, que xa non terán que esperar ata 20 anos para beber un caldo da licor calidade. Se é certo o que di Bryan Davis, un antigo profesor de arte afeccionado á ciencia, o proceso de envellecemento do produto destilado pódese acelerar ata o punto de obter en seis días un produto equiparable ao que descansa dúas décadas nunha barrica de carballo branco. Moito terá que esmerarse para obter un bo resultado, se non quere ser riscado de sacrílego polos puristas do bo whisky.

“Non creo que o oficio artesán de fabricar bebidas espirituosas poida sobrevivir sen que alguén hackee o proceso”, afirmou o estadounidense Davis, que en 2009 puxo en marcha en California o proxecto Lost Spirits para buscar atallos ao envellecemento. Analizou a química do proceso co obxecto de controlala. Na súa pequena destilaría, experimentou coas súas ideas embotelladas. E como resultado desenvolveu un método co que obter en menos dunha semana un whisky que sabe como o anello, segundo asegurou recentemente á revista Wired. A tecnoloxía en cuestión é un reactor chamado Model 1, que está en proceso de patentar e que pensa alugar outras destilarías.

O chamado Model 1 intervén no crucial proceso de esterificación

Davis estudou como os grans de cereal se converten nunha das bebidas máis apreciadas do mundo. O que se necesita é o azucre que teñen no seu interior, xa sexan de cebada, trigo, millo ou malte. Empézase por maltear o cereal, é dicir, móllase en auga e presérvase húmido para que xerminen os grans. Desta forma, as encimas do seu interior van empezar a converter o amidón en glicosa co obxectivo de alimentar á futura planta.

Antes de que xermine, o proceso detense e o cereal sécase, os grans tritúranse, mestúranse con auga quente e axítanse durante horas. A auga con gran cantidade de azucre que se obtén pasa aos tanques de fermentación, nos que se obtén etanol. E a partir de aí comeza a destilación. Utilizando un alambique, quéntase a mestura para que se evaporen elementos máis volátiles, que son conducidos por un tubo que despois se arrefría, condensándoos de novo.

O resultado, denominado spirit, introdúcese nun barril durante polo menos tres anos para que envelleza. Do tempo que pase no barril e da madeira con que estea feito (así como do que anteriormente contivese) dependerá a súa calidade e sabor. Canto máis prolongado sexa este período, mellor saberá e máis valor terá.

Nos spirits prodúcese o proceso da esterificación, que é onde este afeccionado á ciencia intervén mediante un reactor químico que funciona introducindo o alcohol recén destilado e anacos de carballo.

O reactor está en fase de lograr a patente. E despois… Por probar nada se perde.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.