O Reloxo da Apocalipse tense convertido nunha icona cultural.

O Reloxo da Apocalipse tense convertido nunha icona cultural.

Tres minutos para o ‘fin do mundo’

Desde 1984, o Reloxo da Apocalipse, creado por científicos atómicos de Chicago, non estaba tan cerca do fin da Humanidade

Cada ano o Boletín de Científicos Atómicos da Universidade de Chicago (EE UU) composto, entre outros, por científicos galardoados co premio Nobel, adiantan, atrasan ou manteñen os minutos do Reloxo da Apocalipse, indicador da vulnerabilidade do mundo fronte ás ameazas do cambio climático e das armas nucleares. Este ano, os expertos adiantan a hora e sitúannos a tres minutos da medianoite, é dicir, do fin do mundo.

Desde 1984, o Reloxo do Apocalipsis, fundado en 1947, non se atopou tan preto do final. Naquel momento, as relacións entre EE UU e a Unión Soviética na Guerra Fría influíron en alcanzar esa ‘hora’, que non se aproximou tanto á catástrofe desde as primeiras probas da bomba nuclear de fusión.

Un total de 17 premios Nobel poñen en hora cada ano o reloxo

Pero agora, en 2015, o panorama volve ser dramático, segundo os 17 premios Nobel e outros científicos de renome que asesoran ao Boletín. “Un cambio climático desenfreado, a modernización global das armas nucleares, e os enormes arsenais atómicos suscitan extraordinarias e innegables ameazas á continuidade da humanidade”, alertan nun comunicado na súa páxina web.

Segundo estes científicos, os líderes políticos “a quen vai dirixida esta mensaxe” fracasaron no seu intento de actuar con celeridade ou ao nivel necesario para protexer aos cidadáns dunha posible catástrofe. “Estes fracasos do liderado político poñen en perigo a cada persoa sobre a Terra“, advirten.

O Reloxo sitúase agora dous minutos máis preto da catástrofe que en 2014: “A situación do mundo está ameazando de xeito extremo á humanidade”. O feito de que o ano 2014 teña sido o ano máis caluroso en máis de 134 anos de rexistros, e que, a finais do século, o quentamento global alcanzará un aumento de entre tres e oito grados “segundo o Panel Intergubernamental do Cambio Climático, IPCC”, son factores determinantes para achegarse ó desastre.

Cambio climático e arsenal nuclear son as principais ameazas

Ante a ausencia dun cambio de rumbo e de esforzos insuficientes para previr o quentamento da Terra, “os países do mundo emitirían suficiente CO2 e outros gases de efecto invernadoiro a finais do século XXI para transformar profundamente o clima do planeta, afectando a millóns de persoas e ameazando sistemas ecolóxicos clave dos que dependen a civilización”, informan os membros do Boletín.

A isto engádese a ameaza nuclear cun proceso de desarme que se estancou. EE UU e Rusia embarcáronse en programas masivos de modernización dos seus depósitos atómicos e doutras armas nucleares. A eles únense outros países como Reino Unido, Francia e China.

“A probabilidade dunha catástrofe global é moi alta, e as accións necesarias para reducir os riscos do desastre deben tomarse moi pronto”, conclúen os investigadores.

O Reloxo da Apocalipse chegou a ser moi popular e aparece mencionado en películas ou na música, como no caso do tema de Iron Maiden “Two minutes to midnight”, inspirado nesta tradición dos científicos de Chicago.

Evolución da hora do reloxo dende a súa aparición en 1947.

Evolución da hora do reloxo dende a súa aparición en 1947.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.