Venres 19 Abril 2024

Traballar demasiado aumenta o risco de alcoholismo

Traballar en exceso pode levar ao alcoholismo. Confírmao unha investigación publicada no British Medical Journal (BMJ), que conclúe que as persoas que dedican ao seu emprego máis de 48 horas semanais son máis propensas a desenvolver esta adicción. “Algúns beben alcohol para aliviar o estrés, a depresión ou os problemas de sono”, explica Marianna Virtanen, investigadora do Instituto de saúde ocupacional de Helsinki (Finlandia) e autora principal do artigo. E, aínda que tomar unhas cervexas alivia momentaneamente a tensión, o alcoholismo ten efectos desastrosos sobre a capacidade de traballo, que inclúen absentismo laboral e ineficiencia.
A Directiva de Tempo de Traballo da Unión Europea establece un límite para a xornada laboral de 48 horas semanais, incluídas as horas extra, para protexer a saúde e a seguridade dos traballadores. Pero a realidade é que moita xente dedica demasiadas horas á súa actividade profesional por diversas razóns: para ascender, en busca dun aumento de soldo, por exceso de celo sobre o traballo ou porque así o esixe a empresa.

As longas xornadas de traballo aumentan o alcoholismo un 11%

En estudos previos xa se encontrara unha relación entre horas de traballo e risco de alcoholismo, pero eran análises con mostras reducidas. Virtanen e o seu equipo de investigación levaron a cabo a primeira revisión sistemática dos estudos que exploran este vínculo. Os resultados de todos eses traballos apuntan na mesma dirección. Nunha análise do consumo de alcohol sobre 333.693 persoas de 14 países, os investigadores encontraron que as longas xornadas aumentaban o risco de alcoholismo un 11%. Os autores da revisión non encontraron diferenzas entre homes e mulleres, distintos grupos de idade ou de status socioeconómico. Tampouco parece ser importante o lugar de procedencia.
Considérase de risco o consumo habitual máis de 14 bebidas semanais para as mulleres e 21 para os homes. Os autores recordan que esta inxestión aumenta o risco de problemas de saúde como enfermidades de fígado, cancro, derramo cerebral, enfermidade coronaria e trastornos mentais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un de cada cinco traballadores informa dunha mala saúde mental

Investigadores europeos están a desenvolver ferramentas para axudar ás empresas a mellorar a saúde mental dos seus empregados

Os adolescentes galegos comezan a consumir alcol aos 14 anos e de forma excesiva

O novo informe do Ministerio de Sanidade apunta a que a maioría dos que o proban consideran "normal" beber cinco ou máis copas en dúas horas

Esta é a razón pola que os traballos que se fan sentado cansan igual que os físicos

As tarefas que requiren unha concentración intensa poden conducir á acumulación dunha sustancia química potencialmente tóxica chamada glutamato

Preto do 40% dos empregos en Galicia, en risco pola automatización

Un informe elaborado polos grupos de investigación de Empresa e Administración...