Sábado 20 Abril 2024

Tomar cafeína pola noite retrasa o noso reloxo biolóxico

Non é un segredo que tomar cafeína pola noite pode perturbar o soño, pero un estudo mostra por primeira vez que esa cafeína nocturna atrasa o ritmo circadiano, é dicir, o noso reloxo biolóxico. O estudo, levado a cabo por investigadores da Universidade de Colorado, en Boulder (Estados Unidos) e do Laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge (Reino Unido), mostra que a cantidade de cafeína que contén un expreso dobre ou o seu equivalente (por exemplo en bebidas de cola) tres horas antes de durmir induce a unha fase de 40 minutos de atraso no reloxo biolóxico humano, que oscila en ciclos de aproximadamente 24 horas.

‘É o primeiro estudo que demostra que a cafeína influé no reloxo circadiano’

“Este é o primeiro estudo que demostra que a cafeína, a droga psicoactiva máis consumida no mundo, inflúe sobre o reloxo circadiano humano. Ademais achega novas e interesantes probas sobre os efectos da cafeína na fisioloxía humana”, afirma Kenneth Wright, profesor no departamento de Fisioloxía Integrativa da Universidade de Colorado.
Os resultados deste traballo, publicado na revista Science Translational Medicine, explican por que as persoas que beben cafeína a horas máis tardías van durmir máis tarde e espértanse máis cedo. E o que é máis importante, podería ter implicacións no tratamento dalgúns trastornos do soño, segundo conclúe Wright.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A praga do fentanilo: así actúa esta droga devastadora

Este opiáceo de laboratorio é extremadamente tóxico e adictivo. En Estados Unidos xa corbou decenas de miles de vidas

Un equipo do CSIC desenvolve moléculas que controlan o ritmo cardíaco mediante luz

O estudo, realizado en peixes cebra, mostra o potencial da fotofarmacoloxía en futuras terapias do corazón máis precisas e con menos efectos secundarios

Filtros de luz azul: nin coidan a vista nin axudan a descansar

Ao contrario do que sosteñen moitas compañías de teléfonos móbiles, a evidencia sobre os beneficios da luz azul fronte a outras é inexistente

Durmirse entre as 10 e as 11 da noite asóciase a menor risco de problemas cardíacos

Un estudo con miles de persoas durante seis anos expón que as persoas que se deitan máis tarde, en especial as mulleres, teñen máis probabilidades de padecer estas doenzas