Só unha de cada 17 persoas traballa no que soñaba de neno.

Só unha de cada 17 persoas traballa no que soñaba de neno.

Só un 6% das persoas traballa no que soñaron de nenos

Os fillos de familias con boa posición económica teñen ambicións profesionais máis altas e aspiran a ser directivos

Só un 6% dos cidadáns remata traballando nas ocupacións ás que aspiraban sendo nenos, segundo un estudo da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M). A investigación analizou as aspiracións de traballo dos nenos e nenas preadolescentes, nunha elección na que interveñen, entre outros factores, os estudos dos pais ou a propia autoestima. O traballo revela que só “un 6% remata nas ocupacións ás que aspiraban sendo nenos”, segundo o investigador Javier Polavieja, profesor de Socioloxía do departamento de Ciencias Sociais da UC3M.

Outra evidencia que atoparon é que os recursos socioeconómicos dos pais afectan á ambición profesional dos nenos. Os científicos observan que as fillas que teñen pais con estudos universitarios tenden a aspirar á cúspide da xerarquía ocupacional: directivas, apoderado… que son ocupacións “onde existen menos mulleres e, polo tanto, son menos típicas do seu sexo”, explica o profesor Javier Polavieja, que publicou o estudo na revista Social Forces xunto con Lucinda Platt, profesora de Política Social e Socioloxía na London School of Economics.

Os pais universitarios transmiten máis valores de igualdade de xénero

En canto aos fillos de pais universitarios, a investigación conclúe que teñen ocupacións menos habituais para o seu sexo e iso, segundo Polavieja, explícase porque “probablemente a educación dos pais leva consigo un tipo de valores máis igualitarios que os nenos aprenden na casa”.

Para desenvolver este estudo, os investigadores analizaron as aspiracións profesionais de nenos de ambos os dous sexos con idades comprendidas entre 11 e 15 anos. Os datos foron obtidos do British Household Panel Survey e corresponden a unha mostra de 1.693 nenos e 1.667 nenas, que foron enquisados repetidamente dende a infancia ata os seus primeiros traballos significativos como adultos.

Unha resposta a “Só un 6% das persoas traballa no que soñaron de nenos”

  1. Susana

    Dende logo, as limitacións debidas ao ambiente educacional poden -e adoitan- ser moi poderosas sobre nós mentres non somos quen de apreciar a nosa verdadeira valía e tomar o arranque de loitar por traballar no que realmente nos apetece.

    Falo dende o punto de vista “limitado”, por sermos maioría -entendo, sequera os da miña xeración-, e no que me inclúo.

    Cando teus pais escasamente puideron estudar a primaria, a grandísima aspiración “real” que es capaz de ter, moitas veces sinxelamente se reduce a optar a un traballo mínimamente limpo e digno. Podes ter soños meirandes gardados nalgún recuncho da imaxinación pero, según ves “desde o ecosistema familiar”, “non son máis ca fantasías”: “iso só o pode facer -tal tipo de xente-“.

    Aínda boa cousa é que, a pesar de todo, moitos de nós chegamos á universidade con relativa facilidade de opción a aquelas fantasías desterradas.

    Logo aí danse dous casos, de forma xeral: os que chegan a apreciar auténticamente a súa valía interna e seguen ese soño de alma (que é o que son esas imaxinacións/fantasías nas que temos unha vida ideal e fantástica) a pesar dos pesares -logo, conseguirano ou non… aínda que aposto polo SI, de non decaeren- e despois están os que se deixan levar pola corrente da factibilidade e se esquecen do seu tremendo potencial (que todos, TODOS temos).

    Preocúpame especialmente este segundo grupo, no que hai moitísimos profesionais realizando tarefas sistemáticas sen máis pena nin gloria mentres soñan con mandar todo a ************ pero non o dan feito “por medo a” -e tantas veces medo inconsciente que se cobre de sinxelas escusas (hai que pagar as facturas; tal e como está a cousa…; non teño idade para… etc.)-.

    Se, de verdade, todos nos adicasemos a levar a cabo esas tarefas nas que podemos realmente brillar… á parte de que o traballo non sería algo tedioso, senón una motivación continua con ansia e ganas no proceso… ABSOLUTAMENTE TODOS SERIAMOS EXPONENCIALMENTE FELICES! Unha, por facer dos nosos soños unha realidade e, outra, porque fosemos onde fosemos, estaríamos atendidos por verdadeiros profesionais apaixoados facendo da súa tarefa algo magnífico -e así rematarían as queixas en tantos e tantos ámbitos (eu son a primeira crítica, conste, por iso loito A GRITOS polo cambio positivo)-. Se eu son feliz e ti tamén o es, o que irradiamos é ¡¡¡¡¡¡¡!!!!!!! No entanto, se eu vou feliz pero topo contigo apagado ou con ganas de me apagar… -que hai de todo-, xa cambia o conto. Entón, por puro “egoísmo”, preciso xente feliz no planeta! 😛

    Son consciente da dificultade debida a tantas e tantas limitacións externas (volvo ao feito que manifesta o artigo), pero gustaríame deixar un pequeno xogo de palabras en inglés que resume este cambio de patróns mentais tan necesario:

    Cambiemos esas limitacións que nos din IMPOSSIBLE por I’M POSSIBLE 😉

    Quen fala ten 30 anos, vive con seus pais, non ten traballo nin sequera rematada a primeira das 3 titulacións que empezou con grande ansia e mandou a ********. Dito así soa como feo, non? Soa a fracaso… ben sei; a miña mente -á parte de voces externas- tamén mo quixo facer pensar máis dunha vez. Custa cambiar o punto de vista e superar esa “mente social” que nos quere posuír tantas veces (o mundo está “así”, por tanto, eu teño que facer “X”, porque é “así” como mellor se acepta no meu entorno ou ‘whatever’). É moi duro o proceso, dou fe e por iso matizo un pouquiño o meu caso -porque non se diga: en palabras todo é sinxelo…- pero tamén a paz interna que se acaba por gañar e ese gusto de espertar preguntándose: que podo facer hoxe de especial? No sitio de: Que merdas era que me encomendaran para hoxe??? Cambia abismalmente o asunto.

    E ben… sei que a parrafada é monumental pero, a sabendas tamén de que nada cae en saco roto, envío coa esperanza de que máis xente se veña unindo ao que lle chaman “mindfulness”, ‘palabro’ que anda moito de moda e moitos coñeceredes. Non podo recomendar ningún libro do tema, porque ningún lin, pero con meditar conscientemente no significado do que engloba… conto con que algún se atreva a dar o paso decisivo de se permitir ser feliz no día a día gracias a deixar brillar o seu auténtico potencial 😉

    Apertas a manchea, veña! Que hoxe estou espléndida haha

    –>Ninguen dixo que a vida fose sinxela, pero que vale a pena vivila, VIVILA, válea ben!

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.