Xoves 18 Abril 2024

A santísima toponimia de Galicia

Poucas veces quedara tan clara a influencia da relixión católica na toponimia de Galicia. Un mapa difundido polo medio dixital El Orden Mundial e elaborado orixinalmente pola web polaca BIQData, amosa os “lugares máis sagrados de Europa”, é dicir, os que teñen no seu nome “san”, “santo” ou “santa” e as súas variantes.

Francia é, con 8.963, o país con maior presenza de topónimos sagrados, aínda que sexa “famoso pola súa secularidade”, apuntan os autores do mapa. Francia duplica a España, que posúe 4.444 lugares con estas referencias relixiosas. Non en tanto, a distribución no Estado é moi irregular. A maior concentración atópase no Noroeste e na parte oriental de Cataluña. Galicia está practicamente cuberta dun manto vermello.

Publicidade

A dispersión da poboación que caracteriza á xeografía humana de Galicia inflúe, sen dúbida, nesta elevada cantidade de haxiotopónimos. O país posúe preto de 31.000 núcleos de poboación, case a metade do conxunto do resto de España.

Non en tanto, tamén cabe explicar que na elaboración do mapa que vemos na imaxe se tivo en conta a advocación, é dicir, o santo ao que se lle adica cada parroquia, como parte do topónimo. Non en tanto, e tal e como recolle o Nomenclátor de Galicia, en moitos destes casos os nomes dos santos aparecen en paréntese. Polo que non son, estrictamente, parte do nome da parroquia.

 

6 COMENTÁRIOS

  1. Moi interesante. Pero corrixide por favor ese “non en tanto” que aparece varias veces, é “no entanto”. Grazas.

  2. A razón do gran número de hagiotopónimos da Galiza non é outra que o baleiro de poder q deixaron as invasions bárbaras, e o poder q a igrexia conseguiu nos séculos previos á Reconquista. O resto da peninsula ten outro tipo de topónimos porque foron territorios reconquistados aos árabes e había q rachar con todo! Galiza conserva a hagiotoponímia porq aos árabes non os deixamos quedar moito tempo. Para máis info: “Diccionario geográfico de hagiotoponimia española” de J. P. Garcia-Borrón. Alí atoparedes outras referencias.
    A Xunta ten a culpa de moitas cousas q pasan… pero desta… non!

  3. joder. Si al final de todo todo se reduce a una frase … ‘a culpa é do PP’. jejejejeje estais mal señores. Hacéroslo ver.

  4. Poderia caber unha leitura mais: a orixe deses nomes pudo un dia ter unha orixe popular e relixiosa, dentro dun cristianismo popular, igualitarsita e comunal moi diferente do oficial, caracteristico nos seculos IX ao XIII en amplias zonas no norte cristiá. Logo a igresia oficial impondria oa sua version pacata e represora, polo que nos saberiamops si eses nomes ten unha orixe popular, lexitima,inda que diferente cualitativamente ou e parte de una “cristianizacion” oficialista. Gustariame saber si disponemos de datos para confirmar ou reseitar tal posibilidade… e se non animo a investigadores a estudar tal posibilidade

  5. Non sei, non sei…Non me extrañaría que fose feito a partires dos datos da Xunta. A Xunta de Galicia do Partido Popular recuperou as denominacións relixiosas parroquiais, que pouco ou nada teñen que ver cos nomes desas parroquias civís (os portugueses, que teñen máis clara a sua historia, distinguen, moi acertadamente, entre “paróquia”, denominación eclesiástica dun territorio, e “freguesia”, denomiación e territorio civil dese mesmo espazo.) Por exemplo: a miña parroquia (freguesía) foi sempre e é para os habitantes dela: BARXÉS. Pois agora para a Xunta, e así ven nas súas comunicacións oficiais, bautizouna co patrón da parroquia relixiosa, pasando a ser SANTA MARÍA DE BARXÉS (algunha consellaría ainda usa o topónimo franquista -Santa María de Barjeles- regalegizado a Santa María de Barxeles!! ). E así en miles de parroquias SECULARES ou segrares que hai neste noso paísiño e que eles convirten en parroquias ECLESIÁSTICAS. Desta maneira, vai saír un número moito maior de topónimos con nome de santos do que realmente é.

    • Por outra banda, e amais do que indica o Xavier, hai un feito que distorsiona enormemente as comparacións entre territorios europeos e é que a Galiza posue un número de topónimos por superficie muito maior que outras zonas do Continente polo que nos estudos comparativos sobre topónimia de calquera orixe Galiza vaia estar case sempre presente nos primeiros lugares. Mais interesante e indicativo en todo caso sería ter os datos en porcentaxe respecto ao total de topónimos presentes en cada zona xeográfica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña