Á esquerda, un cráneo humano moderno, con barbela, e á dereita, o dun neardental.

Á esquerda, un cráneo humano moderno, con barbela, e á dereita, o dun neardental.

Por que só os humanos modernos teñen queixo?

Un novo estudo revela que a barbela non se formou pola acción de mastigar senón ao reducirse a faciana dos humanos

Existe unha característica que os primates, neandertales e humanos arcaicos non teñen: a barbela. Investigadores da Universidade de Iowa (EUA) sosteñen que o queixo provén da evolución, non de forzas mecánicas como a mastigación. Un grupo de científicos, liderados por Nathan Holton de la Universidade de Iowa (EUA), formula que as barbelas dos humanos modernos non proveñen da evolución de forzas mecánicas -como a mastigación-, senón que son o resultado dunha adaptación que involucra o tamaño e a forma da cara, posiblemente vinculada a cambios hormonais a medida que o ser humano se volveu máis social.

“Dalgún xeito, parece trivial, pero unha das razóns polas que a barbela é tan interesante é que somos os únicos que a temos”, explica Holton, autor principal do traballo que publica a revista Journal of Anatomy.

A faciana dos humanos de hoxe é un 15% menor que a dos neardentais

Esta nova teoría desenvolveuse utilizando análises biomecánicas faciais e craniais avanzadas sobre unhas 40 persoas, que se mediron dende que eran nenos ata que foron adultos.

O equipo de investigadores sinala que as forzas mecánicas, incluída a mastigación, parecen incapaces de producir a resistencia necesaria para que un óso novo se cree na mandíbula inferior ou área do queixo.

“A medida que as nosas facianas se volveron máis pequenas -as nosas caras son aproximadamente un 15% máis curtas que as dos neandertales- o queixo se converteu nunha prominencia ósea”, asegura o estudo. En xeral, os científicos afirman que é pouco probable que as barbelas teñan relación coa necesidade de disipar tensións e de deformar o rostro. “Outras explicacións teñen máis probabilidades de ser correctas”, conclúen os expertos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.