Venres 29 Marzo 2024

Por que os borrachos ven mal de noite?

Iso de que os borrachos ven dobre ou ven borroso ten pouco de mito e moito de realidade. Un equipo científico da Universidade de Granada quixo contrastalo, e demostrou que, en efecto, o consumo de alcohol empeora notablemente a visión nocturna. E tamén encontrou a causa. O consumo dese tipo de bebidas aumentan a percepción de halos ou círculos luminosos, o que, unido a outras alteracións visuais nocturnas, provoca unha visión deficiente que se acentúa cando a luz é escasa.
O traballo, publicado na revista Journal of Ophthalmology, explica que o alcohol deteriora a película de bágoa que recobre a superficie do ollo, debido a que o etanol que contén esas bebidas actúa como disolvente da capa máis externa da película lacrimal. A parte acuosa da bágoa evapórase, o que desgasta temporalmente a película lacrimal. Así, a nosa calidade de imaxe tamén se ve empobrecida.

O traballo foi feito con 67 voluntarios que inxeriron diversas cantidades de bebidas

Os 67 voluntarios que se prestaron á investigación tiveron que consumir diversas cantidades de alcohol e realizaron probas de rendemento visual nocturno (halómetro), despois de que se lles midera a taxa de alcoholemia en aire cun etilómetro. Os resultados foron concluintes: o consumo de alcohol aumenta a percepción de halos e outras alteracións visuais, así como a deterioración da calidade óptica da imaxe que proporcionaban os ollos dos participantes. Este último aspecto notouse especialmente nos suxeitos que alcanzaron unha taxa de alcohol maior de 0,25 miligramos por litro, que é a taxa legal permitida en España para conducir.
“Esta investigación ofrece resultados moi útiles para a sociedade e a saúde pública, especialmente en condución nocturna, xa que consumo de alcohol e condicións de baixa iluminación son dous aspectos que están presentes en moitos accidentes de tráfico, polo que a sociedade debe estar concienciada cos efectos que produce o consumo de alcohol, especialmente na visión”, afirma José Juan Castro Torres, líder do estudo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

O risco de cegueira en persoas diabéticas é 25 veces maior que no resto da poboación

A perda de visión severa é evitable en máis do 90 % dos casos se se aplica un diagnóstico e tratamento precoz

En busca da cura para a borracheira: un novo fármaco elimina os efectos do alcohol en ratos

A hormona FGF21 contrarresta a perda de conciencia e a falta coordinación provocadas pola inxesta de alcohol

Así dana o alcohol o cerebro

Por Montserrat Corral Varela, profesora de Neuropsicoloxía da USC

Unha galega demostra que o consumo ocasional de alcohol na adolescencia altera a microbiota

A flora intestinal podería ser un biomarcador para detectar de forma temperá o desenvolvemento dunha adicción