O envellecemento é un factor para a canicie, ao desaparecer a acción dos melanocitos do cabelo.

O envellecemento é un factor para a canicie, ao desaparecer a acción dos melanocitos do cabelo.

Por que nos saen canas?

Nin a idade nin os desgustos: a clave do pelo branco está nunha proteína e podería desenvolverse unha 'tintura xenética'

Non son os desgustos nin o simple paso dos anos. O que fai que aparezan as canas é o efecto dunha proteína, chamada ‘Wnt’, que coordina a acción das células que regulan a pigmentacion do cabelo. O pelo branco aparece cando esta proteína non interactúa cos melanocitos, segundo descubriron científicos da Universidade de Nova York, nun artigo publicado na revista Cell.

A cor do cabelo está determinada por dous grupos de células nai: as que se encargan de dirixir o desenvolvemento dos folículos pilosos -onde crece o cabelo- e as células nai que se encargan de producir a cor do cabelo, chamadas melanocitos. Ambos traballan conxuntamente para producir o pigmento do cabelo. E a claves está na proteína ‘Wnt’, que coordina os dous grupos e, cando falta nun melanocito, se produce unha cana.

Os científicos, dirixidos pola doutora Mayumi Ito, comprobaron o papel da proteína ‘Wnt’ inhibíndoa en rato con pelaxe negra. O resultado foi que se converteron en ratos brancos. Polo tanto, sería posible crear unha ‘tintura xenética’, coa manipulación da comunicación das proteínas Wnt. Sería unha estratexia novidosa para modificar a pigmentación do cabelo cano, no que tamén inflúe a enzima MSR, relacionada coa tirosinasa, tamén vencellada cos melanocitos.

O estudo pode ter máis consecuencias, porque os melanocitos non só inflúen na pigmentación do noso cabelo. Tamén son os responsables da aparición do melanoma, o cancro de pel, cando medran de xeito descontrolado.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.