Sábado 20 Abril 2024

Todos estes países do mundo caben en Galicia

“Ti dis: ‘Galicia é ben pequena’. Eu dígoche: ‘Galicia é un mundo'”. Vicente Risco tiña algo de razón, aínda que fose por unha mera cuestión de superficie. O noso territorio conta cunha superficie de 29.574,4 km2. Podería parecer pouco, mais no planeta Terra existen máis dun cento de países e territorios cunha superficie máis pequena.

No mapa representado sobre estas liñas aparecen, a unha escala menor, para que caiban todas, as siluetas e as bandeiras destes países. Repártense dun xeito máis ou menos homoxéneo arredor de todo o globo. Desde as illas do Pacífico ata o corazón de Europa, de África a América.

Publicidade

Atendendo a estes datos, o país máis semellante a Galicia, non só en superficie, senón tamén en poboación, é Albania, con 28.748 quilómetros cadrados e algo máis de 2,8 millóns de habitantes. Outras nacións cun tamaño similar son Guinea Ecuatorial, Burundi, Haití, Ruanda, Macedonia ou Djibuti.

Países máis pequenos que A Fonsagrada

Outra das curiosidades que xorde ao consultar o tamaño dalgúns países do mundo é que algúns son maís pequenos que o concello galego de maior superficie, A Fonsagrada, que conta con 438,45 km2. Deste xeito, países como Barbados (430 km2), Granada (344), Malta (316), Liechtenstein (160), San Marino (61) ou Tuvalu (26) son máis pequenos que este municipio da montaña lucense.

Podes consultar aquí a lista completa dos territorios do mundo por superficie.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un neno maltratado ten tres veces máis risco de desenvolver unha adicción de adulto

O estudo dunha investigadora da Universidade de Queensland analiza as consecuencias do maltrato infantil a longo prazo

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano