Os científicos franceses estudaron con electrodos a reacción das ostras. Imaxe: Jean-Charles Massabuau.

Os científicos franceses estudaron con electrodos a reacción das ostras. Imaxe: Jean-Charles Massabuau.

As ostras, estresadas co ruído dos barcos

Investigadores franceses detectan que as ostras reaccionan pechando as súas cunchas ao percibir sons de baixa frecuencia

A contaminación acústica converteuse nos últimos anos nun dos problemas emerxentes máis importantes da biodiversidade mariña, xunto cos lixos que chegan aos océanos. Ata agora, os científicos pensaban que os grandes mamíferos mariños eran os animais máis prexudicados polo ruído submarino provocado polo tráfico de grandes barcos e a explotación mariña, entre outros. Pero en realidade non son os únicos. Un estudo, publicado na revista PLoS ONE, revela que os sons tamén son percibidos e “escoitados” por algúns moluscos bivalvos, como as ostras, que ante os ruídos de baixa frecuencia, pechan as súas cunchas como sinal de tensión.

Observaron que, con sons de baixas frecuencias, as ostras pechaban as cunchas

“A contaminación acústica nos océanos é un problema crecente e todos oímos falar do seu impacto nas baleas”, afirma Jean-Charles Massabuau, autor principal do traballo e investigador na Universidade de Burdeos (Francia). “Pero os océanos están repletos de diferentes tipos de animais. Cales son as súas capacidades de percepción do son?”, cuéstionase Massabuau.

Para responder a esta pregunta, o equipo de investigadores analizou no laboratorio o impacto deste tipo de ruído submarino en 32 exemplares de ostras. Os científicos usaron un altofalante para reproducir os sons baixo a auga nun rango de diferentes frecuencias.

Os investigadores avaliaron os comportamentos destes moluscos ante os diversos sons, e contabilizaron as veces que estes pechaban as súas cunchas, e en que momento o facían. A posición da cuncha indica o índice de benestar destes invertebrados; ante as ameazas péchanas rapidamente.

Os resultados mostraron que ante sons entre 10 e 1.000 Hz, as ostras pechaban repentinamente as súas cunchas. A súa máxima sensibilidade situábase a baixas frecuencias, é dicir entre 10 e 200 Hz.

En xeral estes animais están afeitos ás vibracións das ondas e as correntes, e ademais poden ‘escoitar’ sinais da marea para reaccionar. Con todo, os sons de baixa frecuencia producidos polos buques, as explosións, a investigación sísmica e as turbinas eólicas, entre outros, confunden ás ostras.

No caso de pequenas embarcacións recreativas e motos acuáticas, os sons son demasiado altos para que as ostras os perciban, conclúen os investigadores.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.