Sábado 20 Abril 2024

Os rapaces plaxian máis que as rapazas no instituto

A fama que teñen as rapazas de ser máis aplicadas que os rapaces parace ser certa. A Universidade de Illas Baleares analizou o fenómeno do plaxio académico entre o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, cun resultado desalentador: o plaxio está amplamente estendido nas aulas. Os que deixan as tarefas para o último momento teñen maior propensión a efectuar esta práctica, que resulta máis habitual entre os varóns que entre as mulleres.
O equipo de científicos da citada universidade enquisou a 1.503 alumnos e alumnas de segundo, terceiro e cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), e 1.291 de primeiro e segundo de Bacharelato das Illas Baleares. O estudo, publicado en Comunicar, revela que o 81,3% do alumnado manifestou ter copiado, polo menos unha vez, durante o curso académico anterior, fragmentos de textos de páxinas web que pegaron directamente nun documento e entregaron como traballo dunha materia sen citar a fonte.

O 81,3% do alumnado manifestou ter copiado fragmentos de webs polo menos unha vez

O 72,5% recoñeceu ter copiado -sen citar- fragmentos de fontes imprimidas (libros, enciclopedias, xornais, artigos de revista…) e engadilos como parte dun traballo seu dunha materia.
Outras accións menos recorrentes consisten en descargarse un traballo completo de internet e entregalo como propio, ou presentar un traballo elaborado e xa entregado por outro alumno en cursos anteriores.
“As prácticas máis comúns son as coñecidas como plaxio colaxe, é dicir, a elaboración dun traballo a partir da copia de fragmentos soltos de texto, xa sexa de fontes dixitais ou de fontes imprimidas, e a súa inclusión nun traballo académico sen citar a súa orixe”, segundo declarou a Sinc Rubén Comas-Forgas, coautor do traballo, quen recomenda aos centros de educación secundaria “proxectar e acometer de xeito decisivo medidas para reducir e previr este tipo de fraudes académicas”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos