Os gatos saben a quen pedir e manipulan aos seus donos, pero son reservados cos estraños.

Os gatos saben a quen pedir e manipulan aos seus donos, pero son reservados cos estraños.

Os gatos saben como manipular ós humanos

Unha investigación revela que emiten unha irresistible combinación de miaños e rosmidos para que os seus donos fagan o que eles queren

Que dono dun gato non se sentiu algunha vez como un parvo, ao decatarse de que estaba a actuar ás ordes do animal? Os gatos saben moi ben como manipular ós humanos e perfeccionaron tremendamente as súas artes. Así o demostra Karen McComb, unha investigadora da Universidade de Sussex, nun artigo publicado en Current Biology. McComb confesa que comezou a investigación inspirada polo seu propio gato, que a levanta todas as mañás cun rosmar insistente, pedíndolle comida. Como científica que xa estudara a comunicación vocal en mamíferos, decidiu ir ao fondo da cuestión.

McComb e o seu equipo descubriron que os felinos motivan os humanos para que enchan os seus pratos de comida enviándolles unha especie de sinal mixto: un miaño urxente envolvido por un rosmar. O resultado é unha chamada que poucos humanos poden ignorar. “A inserción dun miaño nunha chamada que normalmente asociamos con satisfacción é unha forma bastante sutil de obter unha resposta”, sinala Karen McComb. “Pedir algo rosmando é seguramente máis aceptable para os humanos que un miaño declarado, que seguramente acabaría co dono botando o gato fóra do cuarto,”. Ademais, o gatos saben a quen pedir as cousas: o estudo descubriu que os gatos utilizan estes miaños en privado cos seus amos, pero cando aparecen estraños no ámbito se volven moi pouco comunicativos.

Podes atopar o artigo sobre os gatos
neste enlace de Current Biology

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.