Martes 16 Abril 2024

Os donos de cans xa poden participar no maior estudo sobre a mente canina

Algunha vez te preguntaches que pensa o teu can? Non es o único. Para respostar a esta pregunta uns 500 cidadáns de todo o mundo achegaron datos a un estudo en col do que sucede no interior da mente das súas mascotas e contribuíron a confirmar, entre outros achados, que os seus amigos caninos confían máis na súa memoria que no seu olfacto.
Para descubrir o funcionamento do cerebro dos cans, un grupo de investigadores quixo coñecer de primeira man a reacción destes animais ante determinados estímulos fóra dun laboratorio. Por iso, os científicos recorreron a quen ten unha relación máis estreita con eles: os seus propios donos.
O traballo publicado en PLoS ONE recolleu os datos achegados por 500 cidadáns que conviven cos seus cans e observaron o comportamento das súas mascotas mentres xogaban con elas. O significativo destas actividades é a súa similitude con aquelas que os investigadores levan a cabo no laboratorio con estes animais para entender mellor o seu xeito de actuar. Os datos deste estudo foron recollidos pola páxina web Dognition.com, desenvolvida por Brian Hare, profesor de Antropoloxía Evolutiva na Universidade de Duke (Estados Unidos), centrado no estudo do comportamento de cans e primates.

A revista Plos One publica os primeiros resultados do proxecto científico e cidadán

“Os membros da páxina web están a achegar datos de calidade e estes coinciden cos que están a obter investigadores en todo o mundo”, asegura Evan McLean, coautor da investigación e cofundador do Centro de Cognición Canina de Duke que lidera Hare.
Os donos participantes realizaron varios xogos coas súas mascotas seguindo as pautas indicadas polos investigadores en diversos vídeos. Un destes xogos demostrou que os cans confían máis na súa memoria que no seu sentido do olfacto. Para chegar a estas conclusións, os donos esconderon a comida baixo unha cunca mentres a súa mascota observáballes. A continuación, taparon os ollos do can e cambiaron a comida a outra cunca. De se guiaren polo seu olfacto serían capaces de elixir a cunca correcta, pero a maioría dirixiuse cara ao lugar onde vira escondida a comida por primeira vez.
A análise dos datos obtidos por Dognition amosou que os cans teñen un amplo abanico de habilidades cognitivas para explorar o mundo que teñen ao seu ao redor, que se estende desde ser bos comunicadores, ter unha boa memoria ou poñerse no lugar dos seus donos. “A maioría da xente pensa que os cans usan o seu sentido do olfacto para todo, pero en realidade teñen un amplo rango de habilidades para resolver problemas”, apunta McLean. Dognition conta con máis de 17.000 donos de cans que compartiron os seus datos cos investigadores. “Todo é posible cando tes tanta cantidade de datos. Isto podería axudarnos a responder a cuestións que desconcertaron aos científicos durante décadas”, conclúe Hare.

Publicidade

Podes atopar máis información
no seguinte enlace da Universidade de Duke

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos

h

Un equipo galego revisa a literatura científica sobre estes eventos dende comezos do século XX ata a data

As embarazadas transfiren anticorpos que protexen durante uns meses ao bebé de covid-19

Investigadores españois demostran que a protección diminúe de forma progresiva nos primeiros seis meses de vida

O risco de morrer nun hospital por causas respiratorias é maior no verán que no inverno

A máxima incidencia de mortalidade hospitalaria por afeccións pulmonares produciuse entre xuño e setembro debido ás altas temperaturas