Xoves 18 Abril 2024

Os consumidores de cannabis son proclives a ter falsos recordos

O uso crónico de cannabis pode acentuar os problemas de memoria asociados ao envellecemento. Ademais, os seus usuarios amosan  distorsións nos recordos que os fan chegar a crer que viviron situacións diferentes ás reais, segundo un estudo da Universidade Autónoma de Barcelona.
Unha consecuencia coñecida do consumo de cannabis son os problemas de memoria que provoca esta substancia. O novo estudo, publicado na revista Molecular Psychiatry mostra que tamén provoca unha maior propensión a experimentar falsos recordos.

O cannabis provoca problemas de memoria a longo prazo nos consumidores.
O cannabis provoca problemas de memoria a longo prazo nos consumidores.

Segundo os expertos, os consumidores crónicos desta substancia mostran máis dificultades que a poboación xeral para reter nova información e recuperar recordos almacenados na memoria.
A memoria é un proceso maleable que se vai construíndo de forma progresiva e que é, polo tanto, susceptible a distorsións ou falsos recordos. Estes ‘erros’ da memoria obsérvanse con maior frecuencia en diversos trastornos neurolóxicos e psiquiátricos, pero tamén na poboación sa, sobre todo a medida que aumenta a idade.
“Un fenómeno habitual é ter falsos recordos de situacións vividas na infancia e que creemos recordar porque as persoas do noso ámbito teñen contando moitas veces”, aseguran. Un exemplo característico moi xeralizado en España é que hai cidadáns que, no día do golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, recordan ter visto na televisión ao golpista Tejero entrando no Congreso. Esas imaxes non foron emitidas ata varios días máis tarde. Pero moita xente une os dous recordos e reconstrúe esa noite cun recordo falso.

A activación do hipocampo, clave na memoria, é menor nos consumidores habituais

O estudo utilizou consumidores habituais de cannabis e cidadáns non consumidores. E tamén atopou déficits de memoria mesmo nos participantes que tiñan abandonado o consumo un mes antes da realización da proba. A pesar do tempo transcorrido dende o último consumo, a activación do hipocampo, unha estrutura crave vinculada ao almacenamento dos recordos, foi menor canto maior fora o uso de cannabis ao longo da vida do participante. Estes resultados suxiren que se produce unha afectación prolongada dos mecanismos cerebrais que nos permiten distinguir entre sucesos reais e ilusorios.
Estes erros de memoria teñen implicacións sobre todo no ámbito xudicial, polas repercusións que poden ter nas declaracións de testemuños e de vítimas. Así mesmo, dende o punto de vista médico, os resultados apuntan a que o uso crónico de cannabis podería acentuar os problemas de memoria asociados ao envellecemento.

Publicidade

Podes ler o artigo
neste numero de Molecular Psichiatry

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Prevén o leite a deterioración cognitiva? Isto é o que suxire un novo estudo

Un ensaio en maiores de 65 anos identifica un compoñente da graxa láctea que podería ralentizar a perda de memoria asociada á idade

É o alzhéimer un novo tipo de diabetes?

Trátase dunha hipótese aínda non confirmada, pero algúns sinais suxiren que podería existir un vínculo entre estas dúas enfermidades

A procura para converter o cánnabis nun potente medicamento

A marihuana resulta prometedora para tratar enfermidades como a depresión, a artrite e a epilesia

Como previr o consumo de drogas na adolescencia

Os mozos e mozas que non toman alcol ou cánnabis presentan un mellor funcionamento familiar e maior apoio social