Os cans moven a cola a dereita ou esquerda expresando emocións.

Os cans moven a cola a dereita ou esquerda expresando emocións.

Os cans recoñecen as emocións ao mover o rabo a esquerda ou dereita

Cola á dereita significa emocións positivas e cola á esquerda, negativas grazas a un acto reflexo do seu cerebro

Os cans responden de xeito diferente cando os seus semellantes moven a cola á dereita que cando o fan cara á esquerda. Isto é o que demostrou un equipo de investigadores liderados polo Centro Mente e Cerebro da Universidade de Trento (Italia) que asegura que no cerebro destes animais, ao igual que no dos humanos, o hemisferio esquerdo e dereito xogan un rol diferente.

Concretamente, os cans moven a súa cola á dereita cando senten emocións positivas (ao ver os seus donos, por exemplo) e á esquerda cando estes son sentimentos negativos (ao ver un can antipático).

Cando os cans ven mover a cola doutros á esquerda senten ansiedade

Segundo Giorgio Vallortigara, investigador principal, nun artigo en Current Biology: “A activación do hemisferio cerebral esquerdo produce un movemento da cola á dereita, e a activación do hemisferio dereito produce que a súa cola se mova á esquerda”.

Para chegar a esta argumentación, os investigadores mostraron a distintos cans vídeos doutros canes que movían a cola cara a un lado ou cara ao outro. Cando os animais observaron que o seu semellante movía a cola á esquerda, o seu ritmo cardíaco aumentou e comezaron a sentirse ansiosos. Non obstante, cando viron que o outro can movía a cola cara á dereita quedaron perfectamente relaxados.

O investigador non cre que os cans o fagan de forma intencionada para comunicar esas emocións a outros cans, senón máis ben eses movementos da cola serían o resultado dunha resposta automática da activación diferencial do hemisferio esquerdo e dereito do cerebro. Iso si, este tipo de respostas podería ter aplicacións prácticas para veterinarios e donos de cans.

“A estratexia de achegarse dende a esquerda ou dende a dereita podería ser eficaz para os veterinarios durante as visitas dos animais ou poderíanse utilizar bonecos para explotar as asimetrías das súas respostas emocionais”, di Vallortigara.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.