Xoves 25 Abril 2024

Os adolescentes que practican fútbol melloran a capacidade de atención

Xogar ao fútbol de forma regular durante a adolescencia asóciase cunha boa condición física aeróbica e unha maior capacidade de manter a atención de forma sostida. Os que practican fútbol amosan unha mellor habilidade para manter a concentración. O estudo foi realizado por científicos da Universidade Católica de Valencia e do Centro de Investigación Mente, Cerebro e Comportamento (CIMCYC) da Universidade de Granada. E revela que a práctica do fútbol na adolescencia pode ser positiva para o rendemento escolar, ao mellorar a atención dos rapaces.
Nesta investigación, publicada na revista Plos One, participaron 75 adolescentes de ambos os dous xéneros, dos que a metade eran futbolistas pertencentes ao Levante UD, e a outra metade eran estudantes do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) El Moli de Torrent (Valencia) que non xogaban ao fútbol.

O deporte promove o crecemento de capilares sanguíneos no cerebro

A todos eles se lles aplicou un test para determinar a súa condición física aeróbica, así como diferentes cuestionarios. Ademais, realizaron unha tarefa  deseñada especificamente para avaliar a capacidade de atención sostida. Os resultados mostraron que os participantes futbolistas presentaban mellores tempos de reacción na tarefa de vixilancia, “o que denota unha mellor habilidade para manter a atención focalizada”, explica Daniel Sanabria, investigador do CIMCYC e un dos autores deste traballo.
Segundo investigacións previas, entre os numerosos beneficios que reporta a práctica regular de actividade física destaca unha mellora do ton vagal (funcionamento máis eficiente do sistema nervioso autónomo), e mesmo parece estar relacionada con adaptacións estruturais e funcionais sobre o sistema nervioso central (o deporte prevén a neurodexeneración, promove a neuroxénese e o crecemento de capilares sanguíneos en zonas como hipocampo, córtex, cerebelo e ganglios da base).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así se desenvolve o medo no cerebro

Neurobiólogos da Universidade de California descubriron en ratos como a tensión e o abafo convértense en afeccións como o trastorno de estrés postraumático

Por que o cerebro dos vertebrados é tan complexo? A clave está en virus antigos

Uunha secuencia xenética derivada de primitivos retrovirus resulta esencial para producir mielina, a capa que protexe as fibras nerviosas

Unha técnica biomatemática monitoriza a evolución do dano en accidentes cerebrovasculares

O tecido cortical que aínda mostra actividade nun encefalograma pode estar a sufrir xa a morte irreversible das capas neuronais máis superficiais

O cerebro ten a súa propia wifi: comunicacións sen cable do sistema nervioso

Científicos deseñan os primeiros mapas das conexións 'wireless' nun ser vivo mudando a comprensión do funcionamiento neuronal