Martes 23 Abril 2024

O sorprendente fenómeno dos barcos voadores

Cres que esta imaxe é real? A primeira vista, semella unha montaxe feita con Photoshop. Pero esta sorprendente foto foi tomada en Escocia mentres se celebraba o Open de Golf que retransmitía para todo o mundo SkySports.

E logo os barcos de agora poden voar? Non é así. Pero este fenómeno de buques que semellan despegar sobre as ondas ten unha explicación: trátase dun espellismo. En concreto, é unha ilusión óptica que se produce como consecuencia da refracción da luz, é dicir, o cambio de direccións que experimenta unha onda durante o seu percorrido cando cambia de material.

Publicidade

Unha masa cálida pasa por encima dunha fría en contacto coa auga provocando unha densidade desigual no aire. O resultado? Os barcos voadores que parecen flotar na atmosfera.

Outro buque 'voador', efecto da Fata Morgana.
Outro buque ‘voador’, efecto da Fata Morgana.

Este efecto é ben coñecido en meteoroloxía e denomínase Fata Morgana . Recibe o seu nome da fada Morgana, en referencia ao personaxe das sagas do Rei Arturo que, segundo a lenda, era un fada cambiante.

Esta ilusión óptica débese a un cambio de temperatura. Obxectos que se atopan no horizonte como, por exemplo, illas, cantís, barcos ou témpanos de xeo, adquiren unha aparencia alongada e elevada, similar a “castelos de contos de fadas”. Os efectos Fata Morgana adoitan ser visibles pola mañá, despois dunha noite fría. É un efecto habitual en vales de alta montaña, onde o fenómeno vese acentuado pola curvatura do chan do val.

É así como nestas imaxes os buques semellan voar por riba do mar. Unha miraxe que ten a súa explicación científica.

Fata Morgana no deserto.
Fata Morgana no deserto.

2 COMENTÁRIOS

  1. “[…] onde o fenómeno vese acentuado pola curvatura do chan do val”. Teño una pequena dúbida, non debería ser “se ve”? Grazas!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización