O son das ondas de Einstein, no teu móbil

 

Din os astrofísicos que agora xa non só se pode ‘ver’ o Universo. Tamén se pode ‘escoitalo’. As ondas gravitacionais abren un novo xeito de explorar o Cosmos, e de descubrir os seus grandes eventos violentos. Tamén se emprega como símil un tambor, polo efecto que produce estas ondas.

Por iso, os responsables do LIGO (Observatorio de Interferometría Láser de Ondas Gravitacionais) que captou estas ondas quixeron conmemorar o descubrimento creando tres tons de chamada para móbil cos sons que fan estas ondas. “Queremos que calquera poida converter o seu teléfono nunha máquina de ondas gravitacionais”, explicaron con espíritu de ciencia e brincadeira na páxina web de LIGO, onde se poden descargar os audios.

Os tres audios están compostos enteiramente polo son que fan as ondas cando son detectadas. As ondas gravitacionais teñen unha frecuencia moi similar á do son, polo que os científicos trasladaron unha frecuencia á outra para crear estes tons.

Aquí podes baixar directamente os sons creados polo LIGO das ondas gravitacionais
… e tamén na páxina web do LIGO

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.