Ilustración realizada pola Agencia Sinc sobre o Día de Pi.

Ilustración realizada pola Agencia Sinc sobre o Día de Pi.

O sábado 14 será o Día Pi, o máis friqui matemático do ano

Dende hai 26 anos, celebran o día que máis se parece á este número irracional que é unha das grandes constantes matemáticas

Pi é a décimo sexta letra do alfabeto grego e unha das constantes matemáticas máis coñecidas: 3,14159265358979… Tanto é así que, dende hai 26 anos, se celebra o día de aproximación ao seu valor: o 14 de marzo (que en Estados Unidos se escribe 3.14) á 1:59 horas. Non obstante, este número é moito máis longo. Ata agora, os matemáticos conseguiron descifrar 10 billóns -millóns de millóns- de díxitos de Pi. Aquí poden consultarse os 100.000 primeiros.

Este ano 2015 estamos de sorte. As cifras que homenaxearán á constante o vindeiro sábado non serán millóns pero, ás 9 horas 26 minutos e 53 segundos da mañá, será o día 3.14.15 9:26:53, a primeira vez dende que se celebra este día que se chega a 9 cifras.

No século XVII comezou a usarse a letra grega pi para dar nome ao número

Pero as ganas de festexar este número irracional non quedan aí, hai ‘días de Pi’ ao longo de todo o ano. Segundo conta a Axencia SINC, bonda con combinar os valores numéricos de data e hora destes días, conséguese un resultado aproximado á constante. Por exemplo, o 22 de xullo (22/7 =3,1428) ou o 10 de novembro (9 de novembro en anos bisestos), que é o día número 314 do ano.

O número Pi é a relación entre a lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro. A primeira aproximación remóntase ao antigo Exipto, e foise perfeccionando ao longo da Historia. Foi no século XVII cando se utilizou por primeira vez a letra do alfabeto grego.

Mentres a investigación avanza, a popularidade deste número tamén medra entre os profanos, chegando mesmo a crearse rankings internacionais de memorización de díxitos. O campión do mundo de recitar decimais de pi é o chino Lu Chao, que chegou a 67.890 díxitos. O seu principal rival é o xaponés Hiroyuki Goto, que memorizou 42.195, pero fai declaracións públicas asegurando que, en dous anos, podería superar as 100.000 cifras.

En 2009, a Cámara de Representantes dos Estados Unidos declarou oficialmente o 14 de marzo como o Día de Pi. O obxectivo da declaración é achegar a data aos colexios e fomentar o interese polas matemáticas entre os escolares.

Unha resposta a “O sábado 14 será o Día Pi, o máis friqui matemático do ano”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.