A cuncha da centola está feita de quitosano.

A cuncha da centola está feita de quitosano.

O plástico do futuro sairá das centolas

O quitosano é o material do que están feitas as cascas de gambas ou centolas, e semella ser a clave para facer 'plásticos' biodegradables

Javier Gómez Fernández (der.) cun anaco do novo composto.

Javier Gómez Fernández (der.) cun anaco do novo composto.

Nas cascas das gambas e na cuncha das centolas. O plástico do futuro, non contaminante e plenamente biodegradable, parece atoparse no quitosano, o material básico do que están feitos os esqueletos externos dos crustáceos. Tamén, o dos insectos. E que é o material biolóxico máis abundante no planeta Terra despois da celulosa que é a estrutura base dos vexetais.

Un investigador español, Javier Gómez Fernández, é noticia en todo o mundo polo seu tres artigos sobre este material, que foi descuberto en 1859, pero deixou de ter interese na investigación como material cando apareceu o plástico, procedente do petróleo.

Dende que, en 2008, Fernández logrou o premio á mellor tese doutoral na Universidade de Barcelona, é noticia mundial constantemente. Actualmente, é investigador en Harvard e na Universidade de Singapore. E cada ano este físico sorprende cunha investigación que dá resposta ao grave problema do plástico, que nos océanos acumula 270.000 toneladas, como para encher 10.000 camións.

Fichas de xadrez feitas polo investigador con quitosano.

Fichas de xadrez feitas polo investigador con quitosano.

Co quitosano das cascas de crustáceos e dos insectos, Fernández fabrica un produto o dobre de resistente que o plástico convencional e totalmente biodegradable. De feito, é tan compatible coa vida que poden crecer plantas usándoo como sustrato para alimentarse del. E xa se usa en medicina ou na depuración de augas.

Fernández chegou a fabricar fichas de xadrez co quitosano. E cre que será o material do futuro, pola súa abundancia. Ademais, no seu último artigo, logrou abaratar a súa fabricación.

Así que xa saben. O plástico do futuro está nas cascas das gambas ou das centolas. As mesmas que en Galicia se tiran ao lixo en empresas, fogares e portos. Pero que son tan naturais como que, noutros tempos, se usaron para estercar as leiras. Algún día non moi lonxano poida que se convertan na carcasa do teu bolígrafo ou no teu teléfono móbil. O marisco é o plástico do futuro.

Podes ler máis sobre a investigación con quitosano
neste artigo de Javier Gómez Fernández

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.