A saliva dos camaleóns é un potente adherente de grandes presas. / Fabian Brau et al.

A saliva dos camaleóns é un potente adherente de grandes presas. / Fabian Brau et al.

O mellor pegamento é a saliva dos camaleóns

A mucosidade da súa lingua é 400 veces máis viscosa que a saliva humana

Os camaleóns producen unha mucosidade na súa lingua que é 400 veces máis viscosa que a saliva humana. Este potente “pegamento” explicaría por que estes predadores poden capturar, só coas súas linguas, presas que pesan preto do 30% do peso do camaleón.

Os camaleóns son depredadores oportunistas que permanecen, a maioría do tempo, inmóbiles e escondidos das súas presas, desde formigas ata lagartijas. Unha vez que a presa se pon ao seu alcance, a súa lingua actúa como un proxectil e alóngase ata unha distancia que duplica a lonxitude do seu corpo para capturar ao animal. En ocasións a lingua atrapa presas que poden chegar a pesar ata un terzo do propio peso do camaleón.

Este movemento é ben coñecido polos científicos. Con todo, ata agora non entendían como este órgano muscular se adhería ás súas presas e logra capturar grandes animais. Outros estudos propuxeran modelos que inclúen a aspiración e un mecanismo de retracción da lingua grazas ás superficies rugosas tanto da presa como da lingua.

A lingua atrapa presas que pesan ata un terzo do propio peso do camaleón

Pero un equipo liderado por Pascal Damman, investigador na Universidade de Mons (Bélxica), demostra agora que estas propiedades adherentes da saliva do camaleón bastarían para capturar ás súas presas ante a ausencia doutros factores.

Ao combinar datos experimentais cun modelo mecánico, o estudo, publicado en Nature Physics, confirma que esta pegañenta mucosidade é suficiente para que a presa quede pegada a lingua do camaleón. Para iso, os científicos belgas e franceses determinaron a viscosidade da saliva segregada na ventosa da lingua do camaleón.

Con esta medida, os autores puideron construír un modelo para describir como a lingua utiliza esta alta viscosidade para capturar á súa presa. Esta información comparouse despois cos mecanismos empregados por outras especies de camaleóns.

“Debido ao alto grao de viscosidade da saliva e á gran área de contacto entre a presa e a lingua do camaleón, a adherencia viscosa permite capturar grandes presas”, conclúen os investigadores.

Podes consultar o estudo completo
na Revista Nature Physics

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.